Hórreo de Traxeito

Hórreo de Traxeito - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Situado no  muro de peche dunha finca privada, ao pé do camiño vello, hoxe bastante abandonado. Na finca traseira dunha vivenda privada.

A cimentación é de perpiaños e cachotes de granito, duns 1,70 metros de altura máxima (situado nunha costa). Os soportes son cinco cepas de pedra, cos gabinetes pechados con ladrillo e cemento, e o segundo tamén con balaústres de madeira e dúas cintas na parte superior. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten catro claros con balaústres de madeira e dúas cintas. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira pintada de verde e penal traseiro tamén de pedra sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. No pinche frontal é visible a inscrición coa data: 1874. Cubrición de uralita e tella do país. Remates: cruz latina florenzada con botón central, de sección cilíndrica e con base piramidal; e pináculo coa parte de abaixo cuadrangular bocelada rematado en bóla achatada e angulosa. Orientado ao E.

Data de 1874, segundo reza no frontispicio.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO012
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: 1874
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Traxeito
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Regular, coa madeira en mal estado, a pedra manchada con liques e con ladrillo pechando os gabinetes.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-68)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 178)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Imo

Hórreo de Imo

Hórreo de Reboiras

Hórreo de Bexo