Hórreo de Revixós

Hórreo de Revixós - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Beatriz Pereiras

No lugar coñecido como O Cachón. Está nun alto, ao lado dunha pista asfaltada.

Fermosísimo exemplar que destaca pola súa factura ruda e primitiva. Non ten repisa, non quedando á vista a súa cimentación. Os seus soportes son catro cepas feitas de forma moi ruda, de granito sen traballar. Na xuntura das pedras é visible argamasa de arxila amarela e pedras de pequeno tamaño. O tornarratos, tamén de grande rudeza, é unha única plataforma corrida,  feita de varias laxes de granito dispostas ao longo e ancho do hórreo, que se estende entre as cepas e o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Porta de madeira no lateral leste. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa de madeira. O penal frontal, de pedra, ten porta de madeira. O penal traseiro, tamén de pedra, presenta dúas fendas de ventilación horizontais. Presenta sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Só conserva un remate, unha cruz latina de sección cuadrangular, alta, sobre base cuadrangular, na parte dianteira. de grande rudeza. Orientado ao NE.

No 2010, un dos seus propietarios di que tería máis de cen anos seguro, e que quizais ande preto dos douscentos. Realmente a factura é moi primitiva e ruda. Sería o máis antigo da aldea e dos máis antigos do concello. Xa lle quixeron comprar e roubar a cruz en varias ocasións.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO222
  • Outras denominacións: Hórreo do Cachón
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: Revixós
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, coa madeira moi gastada, aínda que o propietario José Baleirón foi arranxándoa ao longo dos anos, así como a propia pedra, que está a escachar. Apenas tivo reparacións nas tellas e na madeira.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 46)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Tarrío

Hórreo de Tarrío

Hórreo de Traxeito

Hórreo de Lestrobe