Busca

Amosando 265 - 288 de 400 resultados da busca.

No lugar chamado O Outeiro. Hai outros catro hórreos no Outeiro, mais con ladrillos e cemento.

Cimentado sobre un muro ou repisa de cachotaría de granito baixa, duns 30 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra, estando o gabinete norte pechado con cemento e cunha porta de chapa metálica no lateral leste. O tornarratos é unha pedra…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

No lugar coñecido como O Cachón, moi preto de outro hórreo.

Exemplar de hórreo mixto de gran tamaño. Cimentado sobre un muro ou repisa de cachotaría de granito que salva o desnivel aquí existente, cunha altura máxima de 1,50 metros. Os soportes son cepas de pedra. O segundo, terceiro e cuarto gabinetes, comezando desde o norte, están pechados con…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

No lugar coñecido como O Cachón. Está nun alto, ao lado dunha pista asfaltada.

Fermosísimo exemplar que destaca pola súa factura ruda e primitiva. Non ten repisa, non quedando á vista a súa cimentación. Os seus soportes son catro cepas feitas de forma moi ruda, de granito sen traballar. Na xuntura das pedras é visible argamasa de arxila amarela e…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Na rúa do Medio.

A cimentación é un muro ou repisa de cachotaría de granito actualmente encintado con cemento, duns 95 centímetros de alto. Os soportes son catro cepas de pedra, tamén amalgamadas con cemento. O tornarratos é unha pedra transversal sobre cada cepa. Ten tres claros, con balaústres de madeira, pintada de verde, e dúas cintas. Porta de…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

No Barrio de Abaixo.

Hórreo mixto restaurado, cimentado sobre repisa de cachotaría de granito duns 40 centímetros de altura. Os soportes son catro cepas de pedra, encintadas con cemento. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, e unha porta de madeira no…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Situado nunha pequena eira ou curral doméstico, onde tamén se atopa o Cruceiro de Alfredo, no ángulo SW da aldea.

A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito. Os soportes son catro cepas de perpiaños. Os gabinetes están pechados con…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Na horta privada da casa á que pertence, casa nuclear da familia.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, duns 40 centímetros de alto. Os soportes son seis pés de pedra de sección cuadrangular. Os gabinetes están pechados con ladrillo e cemento, cunha entrada alintelada en cada un no lateral oeste e un pequen oco pechado con malla…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

No lugar coñecido como a Eira de Abaixo, no ángulo SE do núcleo. Ao pé da estrada.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito, de factura ruda, de aproximadamente 1,7 metros de alto. Non ten soportes, asentando o tornarratos directamente sobre a repisa. O tornarratos é corrido ao longo do corpo de todo o hórreo. Ten tres claros, con…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

No lugar da aldea coñecido como Agro do Medio, na zona NW do núcleo.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, a cal salva o desnivel existente. Os soportes son catro cepas de pedra. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con unha porta de madeira no lateral…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Na parte alta da aldea.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, duns 40 centímetros de alto. Os soportes son catro cepas de pedra encintadas con cemento. Os gabinetes están pechados con ladrillo e cemento, sendo usados como galiñeiros. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, pechados con ladrillos,…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

No lugar da aldea coñecido como Largas de Fora, no extremo norte do núcleo.

A cimentación é unha base de perpiaño sobre cachotes de granito baixo cada cepa. Os soportes son catro cepas de pedra encintadas con cemento. Os gabinetes están pechados con ladrillo. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, pechados con…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

No Barrio de Abaixo, moi próximo a outro hórreo, ao NW.

A cimentación consiste nunha repisa baixa de cachotaría de granito. Os soportes son seis pés a modo de columnas de sección cuadrangular con ángulos en chafrán. O tornarratos é unha pedra circular sobre cada pé. Ten dous claros, con balaústres de madeira e unha cinta. Linteis e columnas de pedra e…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Localizado na Aldea de Abaixo, no patio pechado da casa nº 35.

A cimentación non é unha repisa, se non que cada cepa ten unha base máis ancha de cachotaría de granito, duns 50 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra. Actualmente os gabinetes (tamén chamados pasaventos) están pechados con ladrillo e malla metálica para gardar os…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado nunha pequena parcela detrás da casa á que pertence, na Aldea de Riba.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, duns 2 metros de alto, xa que ten que salvar un importante desnivel aquí existente. A repisa ten acaroado polo leste unha prolongación de pedras a xeito de plataforma, no que é visible un pío, onde se trituraba a…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado no patio pechado privado da casa á que pertence, o número 60, na Aldea de Riba.

A cimentación é unha repisa de cachotes de granito, con excepción do gabinete norte, onde é de ladrillo. Os soportes son catro cepas de pedra. O gabinete do medio está pechado con cemento no lateral leste, estando o lateral oeste pechado con malla metálica, sendo…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado na Aldea de Riba, nun alto, ao pé dunha pista.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento, duns 2 metros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra, coa pedra superior máis ancha, de forma troncopiramidal cos extremos redondeados, a xeito de moldura. Os gabinetes están pechados con ladrillo e cemento…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado na Aldea de Riba, nun alto, moi próximo do lavadoiro e ao oeste da casa á que pertence, o nº 65.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, duns 2 metros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra, con molduras semicirculares na parte superior. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Nunha finca privada pertencente ao solar nº 8 do núcleo, ao pé da estrada que, desde Rialiño, vai cara Paizal e Traxeito

Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito duns 2 metros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. Ten dous claros, con balaústres de…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado na Aldea de Arriba, na zona coñecida como A Rechenla, ao pé dunha pista asfaltada, xunto á casa nº 2 á que pertence.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento, a cal salva o desnivel existente, xa que o hórreo localízase nunha costa. Os soportes son catro cepas de pedra, cunha pedra de perpiaño…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Pertence á casa nº 13 do núcleo, ao pé da AC-305, case enfronte da Escola da Emigración de Tallós. Situado no xardín privado da vivenda.

A cimentación é unha repisa baixa de perpiaño de granito, duns 30 centímetros de altura. Os soportes son tres…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado entre dous pistas asfaltadas, detrás da Escola da Emigración de Tallós.

Exemplar de madeira. A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito que fai as veces de muro delimitador dun camiño, de 1,20 metros de altura. Os soportes son…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado nunha finca privada, na parte traseira da vivenda á que pertence.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito duns 50 centímetros de altura. Os soportes son catro cepas de pedra, coa pedra superior máis ancha e cos ángulos redondeados a xeito de moldura. O gabinete do oeste está pechado polo norte con ladrillo e polo sur con restos dunha…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado na entrada norte á aldea, ao pé da estrada, nun pequeno terreo ao lado da casa dun dos actuais propietarios.

Fermoso exemplar de hórreo mixto. A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito de 1,50 metros de altura aproximadamente, no norte cuberta de vexetación. Presenta unha plataforma de pedra cuadrangular no lateral oeste, con…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado nunha  propiedade privada pechada, axardinada, na entrada sur da aldea, zona coñecida como a Aldea de Abaixo.

Curioso exemplar de hórreo, xa que está feito todo en pedra (tipo Noia), cando o normal no concello é o de tipo mixto. A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito de diferentes alturas para salvar o desnivel existente. Os…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos