Hórreo da Devesa

Hórreo da Devesa - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

No lugar da aldea coñecido como Agro do Medio, na zona NW do núcleo.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, a cal salva o desnivel existente. Os soportes son catro cepas de pedra. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con unha porta de madeira no lateral oeste, enmarcada por dúas columnas de pedra. Linteis, columnas e cornixa de pedra. O penal do norte é de pedra (columnas) e madeira (o peche), con dúas cintas; e o penal do sur é de pedra se ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella plana. Remates: fermosa cruz latina alta florenzada con botón central e ángulos en chafrán, sobre base en escocia; e pináculo piramidal sobre base cuadrangular. Orientado ao NE-SW.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, é de 1931, data que parece se ve no frontispicio. Sen embargo, segundo a propietaria, este hórreo tería máis de cen anos, xa que a súa nai, que morreu hai bastantes anos con 104, xa non lle acordaba de facelo.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO212
  • Outras denominacións: Hórreo de Baleirón
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: 1931
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: A Devesa
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Boa, aínda que sería preciso limpar a pedra e cambiar algunha madeira. O ciclón Hortensia tirou a cruz, que foi de novo colocada.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 181)

    Sendeiros de Dodro

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Tallós

Hórreo de Bustelo

Hórreo de Rialiño

Hórreo de Vigo