Hórreo de Manselle

Hórreo de Manselle - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Localizado nunha pequena parcela detrás da casa á que pertence, na Aldea de Riba.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, duns 2 metros de alto, xa que ten que salvar un importante desnivel aquí existente. A repisa ten acaroado polo leste unha prolongación de pedras a xeito de plataforma, no que é visible un pío, onde se trituraba a comida dos animais. Os soportes son tres cepas de pedra, con moldura semicircular na parte superior nas cepas laterais, e troncopiramidal invertido na cepa do centro. Os gabinetes están pechados con ladrillo e porta de madeira entre columnas de cemento no lateral norte. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira no lateral norte, mentres que no lateral sur está pechado con ladrillo. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra co van da entrada alintelado pero pechado con ladrillos; e penal traseiro de pedra sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de uralita con tella do país por riba. Remates: cruz latina baixa florenzada con botón central e ángulos en chafrán, moi gastada, faltándolle o brazo esquerdo, sobre base cuadrangular; e pináculo piramidal sobre base cuadrangular. Orientado ao SW.

No 2010, os propietarios e máis veciños aseguran que é moi antigo, de máis de cen anos. Por factura parece, efectivamente, moi antigo.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO191
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Manselle
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, coa madeira en mal estado e a pedra moi sucia cuberta de musgo e liques, ao igual que a cubrición. Con materiais de construción modernos, como o ladrillo e o cemento nos gabinetes, o ladrillo substituíndo a porta de madeira frontal e a uralita na cubrición. O remate da cruz está incompleto, faltándolle un brazo.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 100)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Vigo

Hórreo de Teaio

Hórreo de Paizal

Hórreo Nº 1 da Casa Aguirre