Hórreo de Paizal

Hórreo de Paizal - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Nunha finca privada pertencente ao solar nº 8 do núcleo, ao pé da estrada que, desde Rialiño, vai cara Paizal e Traxeito

Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito duns 2 metros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral leste. Columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal da fronte de pedra con porta de madeira e penal traseiro de pedra e, orixinalmente, de madeira, aínda que actualmente o espazo da madeira está tapado con cemento. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: non conserva a cruz, só parte da base partida; e pináculo piramidal sen bóla. Orientado ao NE.

No 2010, di unha veciña que é antigo, que ela xa non lle acorda facer.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO195
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Paizal
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Regular, a madeira e a cubrición atópanse en mal estado, non conserva a cruz e introduce materiais de construción moderno (cemento) substituíndo á madeira do penal traseiro.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 108)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Eiró

Hórreo de Vigo

Hórreo de Lestrobe