Hórreo de Revixós

Hórreo de Revixós - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Beatriz Pereiras

No lugar coñecido como O Cachón, moi preto de outro hórreo.

Exemplar de hórreo mixto de gran tamaño. Cimentado sobre un muro ou repisa de cachotaría de granito que salva o desnivel aquí existente, cunha altura máxima de 1,50 metros. Os soportes son cepas de pedra. O segundo, terceiro e cuarto gabinetes, comezando desde o norte, están pechados con cachotaría de granito e argamasa de arxila amarela. A propia repisa ten no seu interior un espazo aberto, baixo os gabinetes, a modo de celeiro ou casadeira, para gardar aparellos ou outros alimentos. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo de todo o corpo do hórreo, sendo visibles partes do mesmo feitas con cemento. Ten catro claros, con balaústres de madeira e dúas cintas no lateral norte e con ladrillo no lateral sur, onde tamén ten unha porta de chapa metálica. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. O penal da fronte, de pedra, ten ladrillo tapando o espazo onde iría a porta de madeira, que caeu. O penal traseiro é de pedra tamén, con seis fendas de ventilación horizontais e unha circular na parte superior. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de uralita. Remata nunha cruz latina florenzada nos extremos e un pináculo alargado rematado nunha gran bóla no lado oposto. Está orientado ao SE.

No 2010, a actual propietaria non sabía concretar a súa antigüidade, mais cree que tería máis de cen anos.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO221
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: Revixós
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, con partes en cemento e ladrillo.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 47)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Manselle

Hórreo de Eiró

Hórreo de Bexo

Hórreo de Sar