Hórreo de Imo

Hórreo de Imo - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Na horta privada da casa á que pertence, casa nuclear da familia.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, duns 40 centímetros de alto. Os soportes son seis pés de pedra de sección cuadrangular. Os gabinetes están pechados con ladrillo e cemento, cunha entrada alintelada en cada un no lateral oeste e un pequen oco pechado con malla metálica no lateral leste. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada par de pés. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con unha porta de madeira no lateral oeste. Linteis de pedra moi anchos. Columnas e cornixa de pedra, esta última moldurada. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de perpiaños de granito, sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: non conserva a cruz completa, só a base, cilíndrica sobre escocia, e parte do corpo, sen os brazos; e pináculo piramidal moi achatado rematado en bola sobre base en escocia moi estilizada. Orientado ao NE

No 2010, a propietaria actual non nos soubo concretar a súa cronoloxía, mais xa existía no tempo dos seus avós. Sinalar que esta familia propietaria adquiriu notable relevancia cun crego que houbo nela na primeira metade do século XIX. 

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO205
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Imo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, coa madeira e a cubrición en mal estado, e coa introdución de materiais de construción modernos, como o ladrillo e o cemento nos gabinetes. Así mesmo, non conserva completa a cruz.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 242)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Tarrío

Hórreo de Teaio

Hórreo de Lestrobe

Hórreo da Devesa