Hórreo de Lestrobe
Imaxe: Beatriz Pereiras
Na rúa do Medio.
A cimentación é un muro ou repisa de cachotaría de granito actualmente encintado con cemento, duns 95 centímetros de alto. Os soportes son catro cepas de pedra, tamén amalgamadas con cemento. O tornarratos é unha pedra transversal sobre cada cepa. Ten tres claros, con balaústres de madeira, pintada de verde, e dúas cintas. Porta de madeira no lateral leste. Linteis e columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal frontal de pedra con porta de madeira e penal traseiro de pedra e madeira, con balaústres deste último material. Pinches de madeira. Cubrición con tellas do país. Non conserva os remates. Orientado ao NE.
No 2010, a dona non cre que non chegue aos cen anos, aínda que por tipoloxía si que parece antigo. Podería datarse a comezos do século XX.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-HO157
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Hórreos
- Cronoloxía: Século XX
- Concello: Dodro
- Parroquia: Santa María de Dodro
- Lugar: Lestrobe
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
En bastante bo estado, aínda que a madeira está bastante gastada.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
- Referencias:
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 19)
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.732931546611 , -8.6688647894662
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.