Hórreo de Bustelo

Hórreo de Bustelo - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Situado nunha pequena eira ou curral doméstico, onde tamén se atopa o Cruceiro de Alfredo, no ángulo SW da aldea.

A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito. Os soportes son catro cepas de perpiaños. Os gabinetes están pechados con ladrillo e con portas de madeira para usos domésticos. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Ten unha porta de madeira no lateral leste. Linteis, columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra co van da porta pechado con balaústres de madeira e dúas cintas; e penal traseiro. Remates: cruz funeral (cruz céltica) rota sobre base cuadrangular na parte dianteira; e pináculo piramidal estilizado rematado en bóla ovoide sobre base cuadrangular na parte traseira. Orientado ao NE.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, data aproximada do 1880, por analoxía con outros exemplares da aldea.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO023
  • Outras denominacións: Hórreo de Alfredo e Elvira
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: 1880
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Bustelo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, coa madeira dos claros e a tella de cubrición en mal estado, e a introdución de ladrillos nos gabinetes. 

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 205)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Manselle

Hórreo de Manselle

Hórreo da Igrexa

Hórreo da casa reitoral de San Xián de Laíño