Busca
Edificación do casco histórico, illada, situada no Paseo da Ribeira e que alberga a Confraría de Pescadores “Virxe do Carme” de Rianxo.
Planta rectangular e construción orixinal en planta baixa construída en 1927, á que se lle engadiu outra planta posteriormente. Planta baixa resolta con…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil
Pazo do século XVII coa fachada principal mirando á Praza de Rafael Dieste, presidida polo Cruceiro da Cubeliña, fronte á Igrexa de Santa Comba de Rianxo. Edificado a finais da primeira metade do século XVII por Juan Faxardo de…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil
Fonte de cantaría situada nun lateral do Campo de Arriba, fronte ao acceso principal. Está delimitada por muros de cachotaría e balaustrada na parte posterior. Pía de base octogonal de case 1 metro de altura, e corpo central prismático de catro canos, cos frontes tallados e cornixa superior. Coroa o corpo central un pináculo moldurado con remate…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga
Lavadoiro situado na rúa do Adro, desde a que se accede a través dunha escaleira de tres chanzos de granito.
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar da Cruz.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga
Fonte do século XIX nun lado da estrada que vai do Pazo a Rianxo.
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga
Conxunto de fonte e lavadoiro en Rinlo, construído en 1907.
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga
Edificación do casco histórico de Rianxo. Casa natal de Manuel Antonio, que data do século XIX, situada na rúa de Abaixo.
Construción de planta rectangular e tres andares, realizada con muros de cachotaría de pedra e cantaría nos elementos nobres. Cuberta a dúas augas de tella, que se prolonga sobre o corredor de granito do andar superior, con varanda e montantes de…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil
A denominación de Casas do Remo vén porque era o remo dos mariñeiros o patrón utilizado para delimitar o tamaño das fachadas das vivendas localizadas maioritariamente na Praciña, na rúa da Praciña e na rúa de Arriba.
O texto que segue a continuación é autoría de Carlos Henrique Fernández Coto, Arquitecto da…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil
Cruceiro de granito da tipoloxía de capela, situado no extremo sur do núcleo, incrustado nun muro de peche de cachotaría, xunto ao acceso á finca.
Posúe un varal de sección cadrada coas arestas rebaixadas. O capitel ten unha base troncopiramidal invertida cun relevo dun anxo con ás, e teitume a catro augas. No interior da capeliña podemos ver unha imaxe pétrea da Virxe co Neno no colo. O conxunto remata nunha cruz de sección…
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos
No Campo Maneiro, a CMVMC O Fieitoso de Taragoña desenvolve os seus proxectos Máis ca leña, O Monte é noso e Fousas ao monte.
Mais ca leña consiste na creación dunha área didáctica en terreos da comunidade de montes, dedicada a dar a coñecer os distintos usos e aproveitamentos que…
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais
Localizado na rúa Rinlo, o Cine Avenida foi inaugurado en 1945 e pechou en 1998, sendo no seu día o de maior capacidade da comarca, cun aforo para 550 persoas.
O texto que segue a continuación é autoría de Xosé Camoxo.
Nos inicios da…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil
Orixinariamente a Escola Rosalía de Castro era un edificio dunha soa planta, de forma rectangular, con cuberta de tella a catro augas en roda, que estaba construída sobre un baseamento para salvar o desnivel do terreo. A escola foi inaugurada en 1929, promovida pola Sociedad de Instrucción Hijos de Taragoña en la República Argentina.
…
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura civil
Nos terreos do Pazo dos Baltar localizábase esta virxe de granito duns cinco metros de altura, obra do escultor Francisco Asorey, colocada nun espigón sobre o Dique de Baltar na…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos
O miradoiro do Castro Barbudo atópase a 331 metros de altura sobre o nivel do mar. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Panorámicas
Alameda de principios do século XX, situada a un nivel superior sobre a rúa, delimitada por unha balaustrada de granito con acceso desde unha escalinata de pedra central. No extremo norte sitúase a Capela da Virxe da Guadalupe e no sur a…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil
O que en Rianxo se coñece popularmente polo Campo está formado por dúas terrazas: a do Campo de Arriba e a do Campo de Abaixo, oficialmente Praza Castelao, e durante o franquismo Plaza del Generalísimo.
Esta praza constitúe…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil
A fachada marítima de Rianxo, A Ribeira, está presidida en terra, pola liña de xardíns onde se atopan os monumentos na honra da Manuela, de Castelao, Rafael Dieste,…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil
Esta praia é a máis visitada de Rianxo na actualidade, cunha lonxitude duns 370 metros, separada da Praia de Quenxo polo Dique de Baltar.
Tanxil configúrase como un espazo que aínda garda a forma…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais
Esta edificación de finais do século XIX principios do século XX, foi a casa natal de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, declarada BIC (Ben de Interese Cultural) en 2007.
Edificación entre medianeiras de planta rectangular e tres andares con cuberta a dúas augas de tella. Está realizada…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil
Situado nos altos de Tanxil, este chalé comezouse a edificar cando o autorizou o Concello, en setembro de 1913. Os traballos estiveron a cargo do mestre de obras de Santiago, Perfecto Fontán, e do canteiro de Rianxo, Manuel Iglesias Eiras. O arquitecto foi Eduardo Rodríguez-Losada.
…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil
Vivenda no lugar de Abuín que ten unha das súas paredes cuberta por cunchas de vieira. Trátase dun recurso tradicional moi vistoso e propio, que consistía en illar o penal máis exposto e propenso a recibir chuvia e humidade con cunchas de vieira.
Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil
Lavadoiro situado ao carón do Cruceiro da Laxe Pequena.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga
Edificación hoxe desaparecida que se emprazaba na Ribeira, na actual Praza da Manuela, ao carón do Porto de Rianxo. Era o lugar onde se vendía o peixe, e onde na súa contorna, as mulleres vendían berberechos e reparaban as redes.