Virxe da Guadalupe de Tanxil
Imaxe: Manuel Chamoso Lamas (1962)
Nos terreos do Pazo dos Baltar localizábase esta virxe de granito duns cinco metros de altura, obra do escultor Francisco Asorey, colocada nun espigón sobre o Dique de Baltar na Praia de Tanxil en 1932. En 2005, os herdeiros Baltar decidiron retirar a imaxe de Asorey ante o perigo que corría polos constantes derrubamentos que se producían na zona, e na actualidade gárdase no interior do Pazo dos Baltar. Tras a retirada da virxe de Asorey, as veciñas e veciños de Rianxo financiaron a colocación doutra imaxe, obra de Bert Gerresheim, nun muro na Praia de Quenxo.
A imaxe de Asorey é unha representación da virxe sostendo ao neno cos brazos en cruz, fronte ao mar. Está decorada con pezas da Cerámica Celta de Cesures incrustadas no manto da virxe. Foi quen encargou a imaxe da Virxe da Guadalupe e quixo que “a dulce imaxe da virxen patrona da vila se alzase como orientación consoladora para a xente do mar”.
- INFORMACIÓN
- Código: RI-ER098
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Elementos relixiosos
- Cronoloxía: 1932
- Concello: Rianxo
- Parroquia: Santa Comba de Rianxo
- Lugar: Tanxil
- Acceso a pé: Malo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-085)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.645427483506 , -8.8155384604251
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.