Campo Maneiro

Campo Maneiro - Rianxo - San Salvador de Taragoña

Imaxe: Fousas ao monte

No Campo Maneiro, a CMVMC O Fieitoso de Taragoña desenvolve os seus proxectos Máis ca leña, O Monte é noso e Fousas ao monte.

Mais ca leña consiste na creación dunha área didáctica en terreos da comunidade de montes, dedicada a dar a coñecer os distintos usos e aproveitamentos que ofrece o monte veciñal, máis alá da simple explotación madeireira, abarcando desde a gandería, a micoloxía, a apicultura, a resiñería e a produción de castaña, ao tempo que se fomenta o uso sociocultural e de lecer. Contémplase o acondicionamento, delimitación e sinalización das zonas cos diferentes usos a través da instalación de paneis informativos. Para amosar o uso de actividade gandeira, adecuarase un inmoble como estabulo de rabaño de cabuxas e realizarase un peche cinexético para delimitar o espazo. O proxecto está dirixido basicamente a escolares de educación infantil, primaria e secundaria. Nas inmediacións da parcela a acondicionar atópase o CEIP Brea Segade. Empregaranse as instalacións do CEIP para explicar aos visitantes os diferentes usos do monte, que se complementará coa visita ao monte.

O monte é noso, mais non no sentido da propiedade. Trátase da responsabilidade de pensar máis aló, nese futuro que inclúe a todas as xeracións que están por vir, e traballar arreo en diversas iniciativas para protexer o entorno e facelo sustentable de xeito que a nosa pegada nel sexa para melloralo e protexelo.

Fousas ao monte é o músculo, a innovación, as gañas, a forza da cidadanía, dos veciños e veciñas, de todas as persoas que queren facer do monte veciñal e da protección do medio ambiente un xeito de entender a súa forma de vivir. Representa un movemento veciñal sen costuras, flexible e dinámico... Unha folla de carballo sacudida polo vento que baixa do Castro Barbudo, sen rumbo a ningures, sen patrón, pero que chega onde quere.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-NA044
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Espazos naturais
  • Cronoloxía:
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: San Salvador de Taragoña
  • Lugar: Campo Maneiro
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común

  • Referencias:

    CMVMC O Fieitoso

    Fousas ao monte

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Punta Palleiro

Punta do Agriño

Senda Litoral de Taragoña

Sinal de Rinlo