Cruceiro da Laxe

Cruceiro da Laxe - Rianxo - San Salvador de Taragoña

Imaxe: Pablo Eirín

Cruceiro de granito da tipoloxía de capela, situado no extremo sur do núcleo, incrustado nun muro de peche de cachotaría, xunto ao acceso á finca.

Posúe un varal de sección cadrada coas arestas rebaixadas. O capitel ten unha base troncopiramidal invertida cun relevo dun anxo con ás, e teitume a catro augas. No interior da capeliña podemos ver unha imaxe pétrea da Virxe co Neno no colo. O conxunto remata nunha cruz de sección cadrada cos brazos chafranados. Nela aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-ER108
  • Outras denominacións: Cruceiro de Outeiro
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: San Salvador de Taragoña
  • Lugar: Outeiro
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-095)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Patrimonio Galego

    Patrimonio Galego

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro do Monte Pinal

Cruceiro da Rocha

Cruceiro de Brión

Cruceiro de Agrelo