Capela da Virxe da Guadalupe

Capela da Virxe da Guadalupe - Rianxo - Santa Comba de Rianxo

Imaxe: Percorrendo Arousa Norte

Capela construída no ano 1671 sobre outra edificación anterior do ano 1561 que tiña como advocación a Nosa Señora da Cruz, feita a base de perpiaño granítico. Posúe planta rectangular dunha soa nave con teitume a tres augas.

Construción de planta rectangular e unha soa nave dividida en tres tramos, realizada con muros de cantaría de granito e cuberta a tres augas de tella. Portada alintelada con frontón triangular sobre semipilastras e fornacina central coa imaxe da virxe e dous escudos a ambos lados da porta de acceso. Pequeno rosetón baixo unha espadana de dous arcos oxivais que remata nun pináculo central coroado por unha cruz de ferro. O estilo que predomina nesta construción é o renacentista, aínda que tamén ten reflexos barrocos realizados con posterioridade á súa construción orixinal. O interior, con arcos e bóveda apuntados e altar de cruzaría, garda un fermoso retablo.

O peto de ánimas de tipo pechado, situado no muro do adro, componse dunha fornela con arco oxival e unha pequena repisa. No seu interior podemos ver unha imaxe da Virxe de Guadalupe feita en madeira policromada. Aos lados da fornelos aparecen as fendeduras dos petos.

Esta capela foi fundada en 1671 por Alonso Fernández de Bastón. Desde 1854 contén a imaxe da Virxe de Guadalupe rianxeira. Esta imaxe foi traída a Rianxo polo seu autor freire José de Santiago desde o Mosteiro de Guadalupe (Cáceres) até a Capela de San Xosé da Floresta, e máis tarde, até esta Capela da Virxe da Guadalupe.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Ermida de San Pedro de Vilas

Igrexa de Santa María de Leiro

Ermida de Santa Lucía

Ermida de San Xoán de Badía