Confraría de Pescadores

Confraría de Pescadores - Rianxo - Santa Comba de Rianxo

Imaxe: Panadería O Pazo

Edificación do casco histórico, illada, situada no Paseo da Ribeira e que alberga a Confraría de Pescadores “Virxe do Carme” de Rianxo.

Planta rectangular e construción orixinal en planta baixa, á que se lle engadiu outra planta no ano 1927. Planta baixa resolta con muros de cachotaría de pedra e remates en cantaría nos recercados, esquinas e na cornixa do volume orixinal. Fachada principal con acceso central, composta por ocos rectangulares de arco rebaixado. Volume superior realizado con estrutura de formigón e cerramento de ladrillo, enfuscado e pintado. Cuberta a catro augas de tella e peto perimetral con remates nos extremos, e en arco sobre a fachada lateral, con inscrición. Fachada principal e lateral, con ocos rectangulares de menores dimensións dispostos de dous en dous, baixo tornachuvias moldurados. Acceso ao segundo andar na fachada lateral, mediante unha escaleira exterior de formigón.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AC058
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura civil
  • Cronoloxía: 1927
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa Comba de Rianxo
  • Lugar: A Ribeira
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-059)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Confraría de Pescadores “Virxe do Carme” de Rianxo

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Casa de Manuel Antonio de Asados

Casa de Isorna

Casas das Miráns

Escola do Pazo