Busca
Cruceiro do tipo de crucifixo, situado ao comezo da rampla de acceso ao Convento de Santo Antonio de Herbón. Trátase dun cruceiro moi ornamentado, onde na cruz florenzada Cristo é abrazado por San Francisco, e no outro lado a Virxe Inmaculada é coroada por anxos. Capitel labrado, varal octogonal, imoscapo de placas, peaña moldurada e base de tres chanzos
Padrón - Santa María de Herbón | Elementos relixiosos
Partindo da rúa Peregrinos ou da rúa de Santiago, este vía crucis ascende cara o Santiaguiño do Monte á beira do muro do Convento do Carme, estando formado por 125 chanzos. Trátase dunha obra do século XIX, patrocinada polo padronés Vidal Cepeda.
Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos
Na actualidade o cruceiro está sen cabeza. É unha cruz do tipo de crucifixo. Está construído sobre unha plataforma con dous chanzos cadrados sobre os que se coloca o pedestal do mesmo xeito moldurado e unha escocia na súa parte superior moldurada do mesmo xeito. O comezo do fuste é un imoscapo de placas sobre as que hai unha moldura de sección octogonal, igual que o fuste ou varal. A cruz tiña forma de tronco, na parte dianteira a imaxe de Cristo coroado…
Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de fuste rematado en cruz, no lugar de Extramundi de Arriba. Comeza cun pedestal de forma cadrada e as arestas superiores recortadas. A parte inferior está esculpida nalgunha das súas caras. O fuste comeza e remata en forma cadrada e despois ten unha sección octogonal. O capitel é cadrado e moldurado. A cruz ten forma cadrada.
Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos
Cruz emprazada no adro da Igrexa de San Pedro de Carcacía.
Padrón - San Pedro de Carcacía | Elementos relixiosos
Cruceiro que actualmente está roto. Está composto por un pedestal de forma cadrada con molduras redondeadas na parte superior e inferior. Hai a seguinte inscrición: "Devoción de D. Ángel y ... Cordero 1718". O fuste comeza en forma cadrada con varias molduras na súa primeira sección e logo convértese nunha sección cilíndrica. O capitel, sinxelo, de forma cadrada e sen decoración. A cruz ten unha forma totalmente cadrada.
Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos
Cruz sinxela no lugar de Morono, de sección cilíndrica en toda a súa lonxitude e que vai de máis a menos diámetro desde abaixo até arriba.
Padrón - Santa María de Herbón | Elementos relixiosos
Cruceiro de tipo fuste cun varal moi groso. Segundo conta a propietaria, a columna ou fuste pertenceu a un cerramento sobre o que ía un pequeno tellado. Ten nunha das súas caras as iniciais "M.J.A. 1916". O cruceiro ou cruz estaba nun muro de entrada á propiedade. Está formado por un capitel de forma tronco piramidal. Ten unhas pequenas marcas na parte inferior e unha pequena escocia na superior, sendo o centro do mesmo recto. A cruz é de sección cadrada e coas…
Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos
Construído no 1719, está composto por un cruceiro central coa imaxe de Cristo e dúas pequenas cruces ao seu lado. Unha delas cos brazos inclinados, a semellanza doutros calvarios galegos.
O cruceiro central está composto por unha plataforma cuadrangular con tres chanzos sobre os que se coloca o pedestal do…
Padrón - San Pedro de Carcacía | Elementos relixiosos
Está formado por un edículo construído a base de grandes perpiaños de granito e rematado en cumio a dúas augas con cornixa. Ten dúas fornelas separadas por unha columna central e que van despois dun pequeno saínte do paramento do muro, onde están dúas imaxes: a de San Francisco e a Virxe María. Están protexidas por barras de ferro que compoñen o deseño dunha cuncha de vieira. Os extremos do cumio remátase con pináculos de pedra realizados de maneira basta.
O seu…
Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de crucifico, mandado construír no 1880 por Andrés Lanza, para poder ser visto desde a súa cama nas horas finais da súa vida. Ten unha plataforma de dous chanzos sobre o que vai o pedestal prismático coas arestas superiores rebaixadas. Varal de base e remate cadrado, sendo o resto de sección octogonal. O capitel leva adornos de volutas e un rostro de anxo en cara. A cruz é de sección cilíndrica e con nós. Leva no anverso un cristo crucificado de boa…
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de cruz, que se compón dun pedestal cuadrangular, moi redondeado na parte superior, do que se eleva un varal de sección octogonal, agás no comezo e remate, e que acaba na parte superior en pequena moldura. Leva unha cruz sinxela de sección octogonal con remates potenzados nos extremos dos brazos.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de crucifixo, que se eleva sobre plataforma de tres chanzos no que apousenta un pedestal con base cadrada e que forma despois unha semiesfera. O varal arranca de sección cadrada e un pouco máis arriba tórnase circular. Remata en capitel redondo labrado con catro cálices. Enriba del vai unha cruz con cartela, de sección circular e con adornos de nós, coa figura de Cristo, con certa desproporción na talla dos brazos e a cabeza. No reverso a Virxe das Dores…
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos
Feito polo escultor Juan de Santiago, veciño da Pobra do Caramiñal, no 1587. Cruceiro plateresco do tipo de crucifixo. Por un lado mostra a Cristo crucificado e polo outro a Virxe das Angustias. No varal hai representacións da figura de Santiago Peregrino, San Xoán Evanxelista, os instrumentos da paixón e unha inscrición, “Donado por Juan de Loreda”. Peaña con caveiras, tibias e animais. Base de dous chanzos cadrados.
Este exemplar da arte…
Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de crucifixo que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base con escocia presenta un pequeno oco para o caixón das esmolas. O varal comeza en sección cadrada. Nesta parte podemos ver o retablo pétreo coa imaxe de Santo Antón, acompañado de dúas ánimas que se prenden ao cordón do seu hábito. O resto do varal é de sección octogonal. A continuación o capitel tipo xónico, con motivos vexetais e catro anxos en cada lado. O conxunto remata nunha cruz…
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de crucifixo, que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base é moldurada, cunha escocia da paso a un varal que nace en sección cadrada. Nela pódense ver diferentes relevos que fan referencia á Paixón de Cristo (tenaces, martelo, cravos, coroa de espiñas e cordón). O resto do varal ten sección octogonal. O capitel, profusamente decorado, contén a custodia, tres anxos, volutas e motivos vexetais. O conxunto remata nunha cruz leñosa con nós, na…
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de fuste que nace sobre un só chanzo de sección cadrada. A súa base moldurada con escocia da paso a un varal que nace en sección cadrada e continúa en octogonal. O capitel aparece decorado con motivos vexetais, volutas e querubíns. O conxunto remata nunha imaxe, que semella unha Santa ou unha Virxe, en actitude de oración.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de crucifixo, construído en cantaría de granito. Sitúase enriba dunha plataforma cúbica de gran tamaño. A base, cúbica e de arestas en mediacana, posúe unha inscrición moi erosionada. O varal comeza en sección cadrada e continúa en cilíndrica. A continuación o capitel de corado con volutas e motivos vexetais. O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe sobre…
Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de fuste e crucifixo, emprazado no cemiterio da Igrexa de San Pedro de Carcacía. Está formado por unha plataforma sobre o que se insere directamente o fuste que comeza e termina de forma cadrada e o resto ten as arestas chafranadas. O capitel é de forma cadrada e está decorado con cabezas de anxos con ás aos lados en cada unha das esquinas.…
Padrón - San Pedro de Carcacía | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de fuste rematado nun crucifixo. Construído sobre unha plataforma de tres chanzos de forma cadrada sobre a que se coloca o pedestal da mesma forma e cunha escocia na parte superior e rodeado dun enreixado de ferro. O fuste comeza e remata en forma cadrada e o resto é de sección octogonal. Na metade do varal ten unha figura de quen parece ser Santiago Peregrino. A cruz é de sección cadrada e ten as arestas chafranadas coas puntas dos brazos potenzadas. No…
Padrón - San Pedro de Carcacía | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de cruz que forma parte do adro da Igrexa de Santa María de Cruces. Nace sobre unha base cúbica de arestas rebaixadas. O varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, dá paso a un capitel moldurado. O conxunto remata nunha cruz de arestas rebaixadas e sen imaxes.
Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos
Cruceiro, localizado no Cemiterio de Adina, de tipo de crucifixo con plataforma cuadrangular de catro chanzos e pedestal cuadrangular chafranado. Ten un varal octogonal cun pedestal cuadrangular e recadrado. O capitel é cuadrangular con astrágalo cuadrangular e liso. O ábaco ten lados curvos e vértices chafranados. Ademais ten volutas, orlas vexetais e querubíns. A súa…
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos
Cruceiro, localizado no Cemiterio de Adina, de tipo de crucifixo con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico chafranado, con caveiras nos ángulos. O varal é octogonal cun pedestal cuadrangular e liso. Polo anverso do varal, a media altura, ten a imaxe de San Francisco e polo lado do anverso, a imaxe de Santiago Peregrino. Ten un capitel octogonal, con…
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos
Cruceiro de tipo de crucifixo cunha plataforma de pedra sen labrar e cun pedestal de outra pedra tamén sen labrar, na que ten insculpidas varias figuras como unha cruz ou a Santiago Peregrino xunto con outros personaxes. O varal comeza cadrado e listado, que máis ben semella ao tronco dunha árbore, logo dese listado colle unha forma amorfa até chegar á base do capitel na que aparecen cabezas de anxos con ás, formando o mesmo capitel e varal, todo un. A súa cruz é…