Cruceiro da Igrexa de San Pedro de Carcacía

Cruceiro da Igrexa de San Pedro de Carcacía - Padrón - San Pedro de Carcacía

Imaxe: Ángel Luis Utrera Baza

Cruceiro do tipo de fuste e crucifixo, emprazado no cemiterio da Igrexa de San Pedro de Carcacía. Está formado por unha plataforma sobre o que se insere directamente o fuste que comeza e termina de forma cadrada e o resto ten as arestas chafranadas. O capitel é de forma cadrada e está decorado con cabezas de anxos con ás aos lados en cada unha das esquinas. Sobre o capitel hai un pequeno pedestal sobre o que se coloca a cruz de forma cuadrangular, arestas chafranadas e puntas dos brazos potenzadas. No anverso está a figura de Cristo crucificado con tres cravos, coroa de espiñas e pano de pureza no lado dereito. Sobre a cabeza hai unha cartela. No reverso a figura da Virxe colocada sobre unha peaña e cos brazos cruzados sobre o peito.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-ER018
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: San Pedro de Carcacía
  • Lugar: A Igrexa
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Cruceiros de Galicia

    Xenealoxías do Barbanza

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro Nº 1 de Cruces

Cruceiro Nº 2 da Porta dos Mariños

Cruceiro do Rueiro

Cruz da Igrexa de San Pedro de Carcacía