Calvario de Xoane

Calvario de Xoane - Padrón - San Pedro de Carcacía

Imaxe: Galicia Máxica

Construído no 1719, está composto por un cruceiro central coa imaxe de Cristo e dúas pequenas cruces ao seu lado. Unha delas cos brazos inclinados, a semellanza doutros calvarios galegos.

O cruceiro central está composto por unha plataforma cuadrangular con tres chanzos sobre os que se coloca o pedestal do mesmo xeito e as esquinas verticais chafranadas. O fuste comeza en forma cadrada e logo continúa en forma octogonal até o final onde se afina lixeiramente. O capitel é de forma cadrada, moldurado na súa parte inferior e con pequenas figuras nos seus cantos. A cruz comeza en forma cadrada e logo continúa con molduras convexas até o final, rematando os brazos de forma florida. No anverso figura a figura de Cristo crucificado con tres cravos, cabeza cunha coroa de espiñas e inclinada á dereita e un pano de pureza no lado dereito. No reverso está a figura da Virxe sobre unha base en forma de pequena columna cilíndrica. Peaña cúbica coa inscrición: “Esta obra hizo Cristóbal Barreiro. Año 1719”. Se edificó por los vecinos de esta parroquia". Nun lado do calvario hai unha mesa onde os se colocaban os cadaleitos nos enterros, aínda que tamén se empregaban nas procesións. É o único do concello escoltado a ambos os dous lados por cruces baixas de pedra. Das dúas cruces que flanquean ao cruceiro, a da dereita comeza en forma cadrada e logo continúa en forma octogonal, rematando os brazos de forma lixeiramente aumentada. A da esquerda ten os brazos inclinados, comeza do mesmo xeito que a anterior e tamén é de sección octogonal aínda que os brazos rematan en ampliación das puntas dos seus brazos. Entre a cruz da esquerda e a mesa hai unha pequena pedra cravada na terra cunha forma de punta e a parte superior redondeada. Nunha das súas caras figura a seguinte inscrición: “Esta obra hizo Cristóbal Barreiro. Año 1719. Se edificó por los vecinos de esta parroquia". O complexo complétase cun hórreo, actualmente en moi mal estado e a uns vinte metros del, unha terceira cruz nunha leira privada á beira dun camiño e da mesma forma que as laterais do calvario, aínda que nestes momentos estea algo inclinada, coma se recibise un golpe.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-ER005
  • Outras denominacións: Calvario de Carcacía
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: 1719
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: San Pedro de Carcacía
  • Lugar: Xoane
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Cruceiros de Galicia

    Mundo Diario

    Xenealoxías do Barbanza

    Pablen Compostela Teo

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro do Fondo da Vila

Cruceiro do Santiaguiño do Monte

Peto de ánimas do Pedroso do Norte

Cruceiro da Casa da Meixida