Cruceiro da Casa da Meixida

Cruceiro da Casa da Meixida - Padrón - Santa María de Cruces

Imaxe: Xenealoxías do Barbanza

Cruceiro de tipo fuste cun varal moi groso. Segundo conta a propietaria, a columna ou fuste pertenceu a un cerramento sobre o que ía un pequeno tellado. Ten nunha das súas caras as iniciais "M.J.A. 1916". O cruceiro ou cruz estaba nun muro de entrada á propiedade. Está formado por un capitel de forma tronco piramidal. Ten unhas pequenas marcas na parte inferior e unha pequena escocia na superior, sendo o centro do mesmo recto. A cruz é de sección cadrada e coas arestas lixeiramente chafranadas.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro do Fondo da Vila

Cruceiro do Convento do Carme

Calvario de Herbón

Cruceiro Nº 1 de Cruces