Cruceiro do Loureiro

Cruceiro do Loureiro - Padrón - Santa María de Cruces

Imaxe: Xenealoxías do Barbanza

Cruceiro do tipo de crucifixo, construído en cantaría de granito. Sitúase enriba dunha plataforma cúbica de gran tamaño. A base, cúbica e de arestas en mediacana, posúe unha inscrición moi erosionada. O varal comeza en sección cadrada e continúa en cilíndrica. A continuación o capitel de corado con volutas e motivos vexetais. O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe sobre unha peaña moi moldurada con forma de nubes no reverso. Pedestal de catro chanzos con voo. Este cruceiro foi feito no século XIX por J. e M. Braña, motivado por un crime.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-ER017
  • Outras denominacións: Cruceiro da Abelina
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: Século XIX
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: Santa María de Cruces
  • Lugar: O Loureiro
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994

    Patrimonio Galego

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro da Devesiña

Cruceiro de Tarrío

Cruceiro Nº 3 do Cemiterio de Adina

Cruceiro Nº 2 da Igrexa de Santa María de Cruces