Cruceiro do Fondo da Vila

Cruceiro do Fondo da Vila - Padrón - Santiago de Padrón

Imaxe: Carlos Henrique Fernández Coto

Feito polo escultor Juan de Santiago, veciño da Pobra do Caramiñal, no 1587. Cruceiro plateresco do tipo de crucifixo. Por un lado mostra a Cristo crucificado e polo outro a Virxe das Angustias. No varal hai representacións da figura de Santiago Peregrino, San Xoán Evanxelista, os instrumentos da paixón e unha inscrición, “Donado por Juan de Loreda”. Peaña con caveiras, tibias e animais. Base de dous chanzos cadrados.

Este exemplar da arte popular galega estaba até comezos do século XX no Paseo do Espolón. Foi estudado por Castelao en "As cruces de pedra na Galiza", publicado pola Editorial Nós en Bos Aires, no 1950, do que dixo que marcaba o paso ao barroco.

Tal como se conta en Cruceiros de Galicia, o contrato deste cruceiro figura no “DICCIONARIO DE ARTISTAS QUE FLORECIERON EN GALICIA DURANTE LOS SIGLOS XVI Y XVII”, de Pablo Pérez Constanti. O autor fala de Juan Santiago, pintor e entallador, veciño da Pobra do Deán (Pobra do Caramiñal) como autor deste cruceiro, coa seguinte explicación: “Diego de Loreda, mercader, vecino de la villa de Padrón, confirióle en 1587 (16 Abril) el encargo de azer y labrar un crucifijo de piedra escogida con su columna de diez y seis palmos de alto, muy bien labrada, y al pie del crucifijo la imagen de Santiago y mas arriba un poquito, un angel con su cáliz que parezca recibe la sangre en él y un sacerdote en medio de dhas dos figuras de Santiago y angel; todo a la parte delantera, y a la trasera ha de aver una imagen de la Quinta Angustia... y toda la piedra para el Angel y Santiago y el calvario y sus mortajas y lagartijas, an de ser de piedra muy blanca y escogida; y los pasos de baxo que an de ser cinco gradiles, de otra piedra de la mejor que ubiere en la comarca de esta villa (Padrón). El acarreo de la piedra sería a su costa hasta la Puente Cesures, en donde se a de acer la dha obra, por la cual recibiría doce ducados.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-ER001
  • Outras denominacións: Cruceiro da Porta do Fondo da Vila
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: 1587
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: Santiago de Padrón
  • Lugar: Praza do Fondo da Vila
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón (29)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Patrimonio Galego

    Cruceiros de Galicia

    Mundo Diario

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruz de Sinde

Cruceiro Nº 1 da Porta dos Mariños

Peto de ánimas do Pedroso do Norte

Cruceiro de Angueira de Suso