Cruceiro da Praza Ramón Tojo

Cruceiro da Praza Ramón Tojo - Padrón - Santiago de Padrón

Imaxe: Xosé Troiano

Cruceiro de tipo de crucifixo cunha plataforma de pedra sen labrar e cun pedestal de outra pedra tamén sen labrar, na que ten insculpidas varias figuras como unha cruz ou a Santiago Peregrino xunto con outros personaxes. O varal comeza cadrado e listado, que máis ben semella ao tronco dunha árbore, logo dese listado colle unha forma amorfa até chegar á base do capitel na que aparecen cabezas de anxos con ás, formando o mesmo capitel e varal, todo un. A súa cruz é rectangular e recadrada. No anverso da cruz presenta a Cristo crucificado con tres cravos, coa man esquerda pechada e bendicindo coa dereita. Inclina a cabeza cara adiante cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado cunha corda co nó á esquerda. Polo reverso da cruz está a Virxe co Neno no colo sobre unha peaña.

É unha obra orixinal do Obradoiro de Pedra Castelo, no lugar da Picaraña. Foi instalado no 2010 en tan só 8 días, con motivo das exposicións “Arte-Mostra Santiaguiño do Monte”. Varios veciños de Padrón pregaron para que este cruceiro permanecese alí para sempre, obxectivo este que se logrou.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-ER012
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: 2010
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: Santiago de Padrón
  • Lugar: Praza Ramón Tojo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Patrimonio Galego

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro do Convento de Santo Antonio de Herbón

Cruceiro Nº 2 de Pedreda

Cruceiro Nº 1 de Pedreda

Cruceiro Nº 1 de Cruces