Igrexa de Santa María de Cruces

Igrexa de Santa María de Cruces - Padrón - Santa María de Cruces

Imaxe: Xoán Arco da Vella

Igrexa de estilo románico, aínda que podería tratarse de estilo prateresco ou barroco. Planta rectangular dunha nave con cabeceira destacada. Cantaría de granito. Fachada con portada de frontón recto partido e torre de campás dun só corpo. Pilastras ortogonais con cupuliña. Canzorros e porta do século XVI no muro norte e canzorros no muro sur. Ábsida. Contrafortes con canzorros nos muros norte e sur. Muro leste con fiestra absidal de arquivoltas. Presbiterio dobrado con arco triunfal de medio punto, sobre columnas de capiteis de fitaría.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-AR011
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura relixiosa
  • Cronoloxía: Século XII
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: Santa María de Cruces
  • Lugar: Cruces
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994

    Patrimonio Galego

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Capela de San Miguel

Igrexa do Convento do Carme

Igrexa de Santiago de Padrón

Igrexa de San Pedro de Carcacía