Busca
Castro, entre as aldeas de Imo e Castro, que moi probablemente é a orixe do topónimo desta segunda. Apréciase algunha estrutura defensiva na súa parte sur. Na croa ten un círculo de pedras coñecido como "A Coroa da Raíña Moura". Ten unhas dimensións de 100 metros de norte a sur, e 80 metros de leste a oeste.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía
Túmulo megalítico sen cámara nin restos da coiraza. Ten unhas dimensións de 29 metros de diámetro e 2 metros de altura, cun cráter de violación de 8 metros de diámetro e 1 metro de fondo. Está situada preto da Mámoa Nº 2 da Mina de Balouta.
Dodro - San Xián de Laíño | Arqueoloxía
Asentamento fortificado que non posúe estruturas visibles, agás na parte sur e oeste, onde se pode ver a estrutura de peche. En prospeccións realizadas, localizáronse fragmentos de cerámica castrexa. O seu estado actual fai que as súas dimensións sexan indeterminadas, mais cun mínimo de 80 metros de diámetro.
Dodro - Santa María de Dodro | Arqueoloxía
Túmulo megalítico que conserva dous dos esteos da cámara, formando unha necrópole xunto con outros tres. Ten unha altura de 1,20 metros. Nas súas inmediacións atopáronse un conxunto de microlitos e un pilum romano.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía
Castro de forma alongada, cun lixeiro estrangulamento na coroa, na que se observan dúas elevación de norte a sur. A croa circular está rodeada por unha serie de terrazas, das que se conservan catro. Presenta afloramentos no centro e parapeto formado por grandes pedras, aínda visibles. Posible foxo cara ao norte, hoxe desaparecido, mais conservando algún muro de pedra. Os foxos foron cegados.
En prospeccións realizadas, localizouse cerámica castrexa e tégula…
Dodro - San Xián de Laíño | Arqueoloxía
Localizáronse fragmentos de tégula galaico-romana neste lugar. En prospección realizada en 2009, constatouse a existencia de máis fragmentos de tégula moi rodados. Ademais, tamén se observa un crecemento desigual no millo plantado nesta zona, o que fai indicar a presenza de estruturas soterradas.
Dada a súa proximidade ao leito do río Ulla, puido ser unha estación portuaria, ou outra construción vinculada co río.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía
Nun rechán dunha bouza da aba do Monte Carboeiro, a uns 200 metros do lugar de Imo, parroquia de San Xoán de Laíño, atópase a estación do Grupo Galaico da Arte Rupestre máis relevante do Baixo Ulla.
Esta grande peneda granítica que sobresae na paisaxe localízase nun monte veciñal en man común, propiedade da…
Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía
Asentamento romano-medieval. Probablemente se trate dun castro refortificado na Idade Media. En prospeccións realizadas, localizáronse fragmentos de cerámica de feitura manual. Ten unhas dimensións de 150 metros de norte a sur, e 100 metros de leste a oeste.
Dados os restos que aparecen ciscados, maiormente cachote, podemos adiviñar que habería uns muros, mais o seu estado xeral é bastante malo para poder confirmalo. Sobresaen uns penedos no cume que parecen que…
Dodro - Santa María de Dodro | Arqueoloxía
Túmulo megalítico que forma unha necrópole con outros tres, localizados a 40 metros ao sueste da Mámoa Nº 1 de Paradegua. Nas súas inmediacións atopáronse un conxunto de microlitos e un pilum romano.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía
Conxunto de túmulos megalíticos sitos no Monte Picoto, xusto na divisoria entre os concellos de Dodro e Rianxo. Só este túmulo dos que conforman a necrópole, atópase dentro do termo municipal de Dodro.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía
A Pedra Ventureira (do latín vultur, voitre), como di Manuel Lorenzo Baleirón en “Toponimia de Dodro e Laíño. Os nomes na auga”: "é unha enorme mole de granito con forma máis ou menos piramidal duns 4 metros de alto e uns 3 metros na base, situada na contorna do Miradoiro de Lestrobe. Está situada na parte de arriba do…
Dodro - Santa María de Dodro | Arqueoloxía
Camiño Real entre a Paradegua en Rianxo e Imo. O que en Galicia chamamos camiños reais, son as vías principais de comunicación do Antigo Réxime. Algunhas reformáronse como a que vai da Coruña a Tui, pasando por Padrón, aproveitando antigas calzadas romanas e camiños medievais. De todos os xeitos, non existía moito interese por parte dunha poboación que permanecía esencialmente illada no territorio que lle era propio, pagando tributos excesivos en portádegos e portaxes.…
Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía
O túmulo está situado na ruptura de pendente dunha portela de cordal. Os seu diámetro aproximado é duns 11 metros, cunha altura máxima de 50 centímetros.
Padrón - San Pedro de Carcacía | Arqueoloxía
Túmulo funerario cun diámetro aproximado duns 12 metros e unha altura de 70 centímetros, cun posible cono de violación central.
Padrón - San Pedro de Carcacía | Arqueoloxía
Restos dun castelo medieval situado no alto dun outeiro no Monte Meda, a 435 metros de altitude. As súas reducidas dimensións fan pensar que se tratase dunha atalaia de vixilancia das rutas terrestres e fluviais. O factor máis relevante do seu emprazamento é o gran dominio visual que exerce a media e longa distancia, o…
Padrón - San Pedro de Carcacía | Arqueoloxía
Túmulo funerario situado na cima dun rechán do outeiro que ocupa o Castelo Redondo. As súas dimensións son duns 13 metros no eixo norte-sur, e 12 metros no eixo leste-oeste, cunha altura máxima de 1 metro. Presenta cono de violación central duns 5 por 4 metros, e 60 centímetros de fondo. Ten a coiraza de laxes de granito dun…
Padrón - San Pedro de Carcacía | Arqueoloxía
O rei Afonso VII doou un enorme terreo no ano 1156 a un descoñecido plebeo, non nobre, de nome Sancho Eanes. O terreo tiña 22 hectáreas nunha das zonas máis ricas e poboadas do Reino de Galicia, limitado por unha serie de marcos (Marco do Porto Lampai, Marco do Couto de Lampai,…
Padrón - Santa María de Cruces | Arqueoloxía
No adro da Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia localízanse unha serie de sartegos medievais da época sueva, monolíticos e escavados con forma antropomorfa. Tamén hai tampas monolíticas de forma lisa ou en dobre estola, e outros construídos con laxes e perpiaños. Foron achados nas escavacións arqueolóxicas realizadas na contorna da igrexa,…
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía
As diferentes denominacións deste xacemento (Castro de Arretén, A Barronca, A Rocha ou A Raíña Lupa) describen o lugar onde estivera o Castelo da Rocha Branca. Tratábase dunha fortaleza artellada en torno a un recinto circular, delimitado por unha muralla pétrea e circundada por un foxo. Ao norte deste recinto existen outras estruturas, posiblemente habitacionais, aínda que a súa configuración orixinal está parcialmente alterada. Tamén se conserva a plataforma de…
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía
O xacemento denominado Castro Valente ou A Cerca atópase no límite municipal entre Padrón (Santa María de Herbón e San Pedro de Carcacía) e A Estrada (San Miguel de Barcala), na marxe sur do río Ulla. Emprázase nunha contorna de fortes pendentes. Ten un control visual importante da ría de Arousa, do cruce do Ulla en Pontecesures e Padrón, e do paso ao…
Padrón - San Pedro de Carcacía | Arqueoloxía
Desde a Idade Media foi lugar xacobeo, impulsado no século XV polo Arcebispo Rodrigo de Luna, e no século XX polo Arcebispo Martín de Herrera. Segundo a lenda, cando Santiago estaba a predicar o evanxeo, foi desafiado por unha muller que lle dixo: ”Se o teu Deus ten tanto poder, que faga xurdir a auga para quitar a miña sede”. Entón Santiago golpeou a pedra co seu bastón, xurdindo un…
Padrón - Santiago de Padrón | Arqueoloxía
O Castro do Barco atópase a 120 metros ao norte do leito do Ulla e a 1,5 quilómetros da súa confluencia co río Sar, estando a unha altitude de 43 metros. Ten un espazo habitacional de forma redondeada e de superficie chan, cunhas medidas no seus eixos maior e menor de 150 por 120 metros, o que conforma unha superficie dunhas 1,8 hectáreas, o que o converten nun dos xacementos máis extensos da zona. Está delimitado por un terraplén e un foxo, que foi recortado pola estrada…
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía
A Casa das Meigas ou Pena Angueira defínese coma un asentamento fortificado de época medieval, situado nun esporón rochoso da ladeira noroeste do Monte das Cruces. Está a 287 metros de altitude e conta cun amplo control visual do territorio da contorna, e sobre todo do fondo do val da Depresión Meridiana e o paso natural que vai de Iria Flavia a Compostela.…
Padrón - Santa María de Cruces | Arqueoloxía
O Castro do Castelo é un recinto fortificado que ten unha extensión aproximada duns 110 metros no seu eixo norte-sur, e uns 35 metros no eixo leste-oeste. Está delimitado por un terraplén e un foxo, sendo o espazo habitacional de forma oval. Está nun monte de fortes pendentes a unha altitude de 178 metros. Sitúase a 800 metros ao leste do Castelo da Rocha Branca e a 1 quilómetro…