Pedra Ventureira

Pedra Ventureira - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Sendeiros de Dodro | Concello de Dodro

A Pedra Ventureira (do latín vultur, voitre), como di Manuel Lorenzo Baleirón en “Toponimia de Dodro e Laíño. Os nomes na auga”: "é unha enorme mole de granito con forma máis ou menos piramidal duns 4 metros de alto e uns 3 metros na base, situada na contorna do Miradoiro de Lestrobe. Está situada na parte de arriba do Castelo de Monte Vilar e ten unhas magníficas vistas da desembocadura do río Ulla".

Segundo as lendas, recibiu esta denominación pola dificultade que supoñía alcanzar o seu cumio sen ningún tipo de axuda. Desta forma converteuse nun reto para a mocidade dos arredores que intentaba coroala. Existe constancia que na antigüidade, a Pedra Ventureira estaba rodeada de flora, destacando as acacias; e de fauna, esquíos, xílgaros...

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Mámoa Nº 1 da Mina de Balouta

Mámoa Nº 2 da Mina de Balouta

Pedra Ventureira

Xacemento da Veiga de Abaixo