Marco da Pena das Cruces

Marco da Pena das Cruces - Padrón - Santa María de Cruces

Imaxe: Pablen Compostela Teo

O rei Afonso VII doou un enorme terreo no ano 1156 a un descoñecido plebeo, non nobre, de nome Sancho Eanes. O terreo tiña 22 hectáreas nunha das zonas máis ricas e poboadas do Reino de Galicia, limitado por unha serie de marcos (Marco do Porto Lampai, Marco do Couto de Lampai, Marco dos Coutos e Marco da Pena das Cruces) que conforman unha finca medieval. O Marco da Pena das Cruces, localizado no ano 2002, delimita polo norte dita finca.

Antigo marco localizado no Alto de Pena das Cruces do que non se tiña constancia da súa existencia porque estaba entre a maleza do monte e agora está ao pé dun cortalumes. Segundo López Alsina “el procedimiento para delimitar el coto de la villa de Pedroso sigue siendo el mismo en el siglo XIX como demuestran los reconocimientos completos de su término hechos en 1861 y 1873” [….] se utilizan trece hitos de referencia, bien conocidos por los habitantes de Pedroso y sus vecinos. Nueve de los marcos son mojones de piedra, hincados en tierra: dos, son rocas naturales, convenientemente marcadas o labradas, otros, un molino (en A Silva – Lampai), y el último un accidente del terreno”.

Figura en varios documentos notariais do século XIX (preitos e recoñecementos) como Fito Nº 2 do Couto de Pedroso, herdeiro do couto medieval que o rei Afonso VII dona en 1156 ao cabaleiro Sancho Eanes.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Marco do Couto de Lampai

Castro do Barco

Petróglifo Nº 1 do Porteliño

Mámoa Nº 1 do Castelo do Medio