Panorámica de Meda

Panorámica de Meda - Padrón - Santa María de Herbón

Imaxe: Xenealoxías do Barbanza

Desde o Monte Meda, a 444 metros de altura sobre o nivel do mar, pode verse a bacía do río Ulla e a ría de Arousa, as Torres da Catedral de Santiago, A Estrada, Vilagarcía de Arousa e até a Illa de Arousa. Tamén se observan os montes do Castro Valente, Xesteiras, Xiabre ou Pico Sacro. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.

Tal como conta Fernando Cabeza Quiles, para a explicación do topónimo Meda, frecuente en Galicia, cómpre partir do vocábulo latino meta, antigo piar de forma cónica ou piramidal, que se situaba en cada un dos extremos da espina dos circos romanos para sinalizar e contabilizar o paso das cuadrigas nas carreiras de carros. Aínda que hoxe as metas das competicións deportivas xa non teñen estes antigos conos sinalizadores de pedra, o vocábulo meta pervive na toponimia de Galicia, dando nome a picos de montes de forma cónica. Caso, entre outros, do chamado monte Meda ou máis propiamente Pico de Meda, ten unha indubidable e moi marcada forma cónica parecida á dunha pirámide. Aínda que a voz latina meta se estende con bastante profusión pola toponimia de Galicia, dando nome a picos de montes, a súa utilización non termina aí, xa que tamén serve como denominación dalgún abxecto da nosa antiga cultura material. Así, proveniente de meta (palabra que é un cultismo sen evolucionar desde o latín), coa única variación que supón a sonorización do seu t en d, como ocorre co topónimo, xorde meda esta vez como vocábulo agrícola referido ás moreas ou montóns de feixes de trigo ou centeo de forma cónica, que tamén reciben o nome de medeiros.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Panorámica da Lombeira

Panorámica do Monte do Castro Valente

Panorámica de Meda

Panorámica do Monte da Grela