Marco do Couto de Lampai

Marco do Couto de Lampai - Padrón - Santa María de Cruces

Imaxe: Megaliticia

O rei Afonso VII doou un enorme terreo no ano 1156 a un descoñecido plebeo, non nobre, de nome Sancho Eanes. O terreo tiña 22 hectáreas nunha das zonas máis ricas e poboadas do Reino de Galicia, limitado por unha serie de marcos (Marco do Porto Lampai, Marco do Couto de Lampai, Marco dos Coutos e Marco da Pena das Cruces) que conforman unha finca medieval. O Marco do Couto de Lampai, localizado no ano 2002, delimita polo oeste dita finca.

Este marco medieval ten aproximadamente 1,80 metros de altura e 60 centímetros de ancho por cada unha das caras e está localizado nun inestable outeiro artificial que quedou despois da explotación dunha canteira. Ten a inscrición: ”No ano 1156, o primeiro de setembro, colocouse este pedrón coa autoridade do Emperador e de todos os intervenientes”.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Petróglifo Nº 2 do Porteliño

Mámoa Nº 3 do Castelo do Medio

Marco do Couto de Lampai

Sartegos de Iria Flavia