Castro do Barco

Castro do Barco - Padrón - Santa María de Iria Flavia

Imaxe: Elixio Vieites

O Castro do Barco atópase a 120 metros ao norte do leito do Ulla e a 1,5 quilómetros da súa confluencia co río Sar, estando a unha altitude de 43 metros. Ten un espazo habitacional de forma redondeada e de superficie chan, cunhas medidas no seus eixos maior e menor de 150 por 120 metros, o que conforma unha superficie dunhas 1,8 hectáreas, o que o converten nun dos xacementos máis extensos da zona. Está delimitado por un terraplén e un foxo, que foi recortado pola estrada que vai ao lugar do Barco, e que tería unha dimensións duns 3 metros de fondo e 8 de ancho. Ten unha entrada pola zona nordés, onde se pode apreciar ben a magnitude das súas defensas.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-AQ003
  • Outras denominacións: O Castro
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Idade do Ferro
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: Santa María de Iria Flavia
  • Lugar: O Barco
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    O sistema defensivo do castro pola banda sur e leste foi desmantelado polas obras de construción da AP-9. Este sector xa sufrira anteriormente algunhas modificacións coa construción da estrada que leva ao Barco. No interior do recinto hai un depósito de augas e un pequeno desmonte. O terraplén está cortado en dous puntos por pistas que dan acceso á croa. Hai un vivenda cos seus anexos que afecta ao terraplén e ao foxo polo suroeste, onde tamén existe unha torre de condución eléctrica.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón (GA15065003)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994

    Patrimonio Galego

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


O Castelo

Marco do Porto Lampai

Castelo Redondo

Xacemento romano de Iria Flavia