Busca

Amosando 49 - 72 de 302 resultados da busca.

No lugar coñecido como O Outeiro, na entrada sur de Reboiras, ao pé dunha pista asfaltada.

Fermoso exemplar de hórreo mixto con reloxo de sol e decoración insculpida nos dous pinches. A cimentación é unha repisa moi alta de perpiaño e cachotes de granito con argamasa, duns 3 metros de alto. Non ten soportes, asentando o tornarratos, peza…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizada nunha pequena parcela actualmente abandonada, chea de fragmentos de tellas (suponse que a xeito de drenaxe, xa que o río pasa cerca). Na zona de entrada ao núcleo.

A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito, en parte cuberta por herba, co extremo oeste redondeado, duns 50 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas de…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado nunha finca privada no núcleo de Rialiño.

Cimentado sobre unha repisa baixa de perpiaño de granito, duns 40 centímetros de alto. Os soportes son catro cepas de pedra. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Columnas e cornixa de pedra, esta última moldurada e separando o…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situada nunha finca privada xunto a uns cortellos de construción moderna.

Cimentado sobre unha repisa alta de cachotaría de granito, cuxa construción é de mala calidade, duns 2 metros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra coa metade superior de cemento. O tornarratos é unha pedra transversal sobre cada cepa. Ten dous claros, con balaústres de…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Na finca traseira dunha vivenda particular, no núcleo de Rialiño.

Cimentado sobre unha repisa alta de cachotaría de granito, duns 60 centímetros de altura. Na parte dianteira, acaroadas á repisa, presenta tres grades de pedra. Os soportes son tres cepas de pedra, estando a dianteira labrada nos laterais a modo de pequenas columnas. Os tornarratos son…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Nunha propiedade pechada privada, no núcleo. Pertence a unha casa tradicional de pedra.

Cimentado sobre unha repisa baixa de perpiaño de granito. Os soportes son tres cepas de pedra, cos dous gabinetes pechados con ladrillo, cunha porta de madeira cada un no lateral oeste. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dou claros,…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Nunha parcela privada, pechada, detrás da casa.

Cimentado sobre unha repisa baixa de cachotaría de granito, duns 40 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral leste. Columnas e cornixa de…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado no núcleo, na zona de entrada a unha das vivendas propietarias.

A cimentación é unha repisa alta de perpiaños e cachotes de granito, de 1,70 metros de altura máxima (está nunha costa). Na fronte sur é visible nesta plataforma un van pechado con unha estrutura de ferro, empregándose a propia repisa como pequeno almacén. Non ten soportes,…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado na entrada da aldea, ao sur da Eira de Abaixo, ao pé da estrada.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento, duns 2 metros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra. Os gabinetes están pechados con ladrillo. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, pechados con…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Localizado no centro da aldea, fronte ao lavadoiro, nunha pequena parcela aberta e totalmente abandonada e cuberta de vexetación.

A cimentación non se ve ao estar cuberto de vexetación, mais debe ter unha repisa a xulgar pola altura que ten o hórreo. Os soportes son tres cepas de pedra. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo.…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Na aldea de Arriba de Imo, na beira dun camiño e sobre un valado, fronte a unha fonte, detrás da Casa de Aguirre.

Este hórreo, de gran envergadura, está actualmente en…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

No lugar chamado A Rúa, no alto dunha costa, preto da Eira das Cabanas. Serve de peche dunha horta.

A cimentación non é visible, sendo o soporte un celeiro moi alto de perpiaños de granito, cunha entrada alintelada no lateral leste, no interior da horta, onde tamén é visible un patiño ou esqueiras de pedra para o acesos ao hórreo. O tornarratos é unha…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Na horta da casa reitoral, na parte alta da aldea, formando parte do conxunto integrado por pombal, casa reitoral e outras dependencias.


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Esta é unha das dúas vivendas de planta circular na aldea de Castro, ao carón do Hórreo da Miguensa.

As edificacións máis antigas de Castro: casas redondas, palleiras, alpendres... teñen todas unha pedra de seixo nas súas paredes. A finalidade destas pedras pode ser como…


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura civil

Na Aldea de Abaixo, no xardín privado pechado que se estende trala casa nº 27.

A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito, duns 30 centímetros de alto. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas,…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Aldea abandonada no lugar de Bustelo, preto das aldeas de Rialiño, Paizal e Traxeito. Neste punto tan só existen un par de vivendas, un alpendre e un pombal, ademais dun muíño xa máis abaixo, que era o que daba luz eléctrica a este pequeno enclave.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do…


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura civil

Espazo natural nas ribeiras do río da Arregañada, na que en menos dun quilómetro de distancia, atópanse pontellas (Pontella do Muíño de RibaPontella do Muíño Tellado) e muíños centenarios (…


Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais

A Eira de Traxeito é un espazo comunitario dedicado, no seu tempo, ás labores de malla do trigo, avea ou centeo que se gardaba nos hórreos que a rodeaban e que se conservan tres, aínda que un deles en moi mal estado. Foi restaurada polo Concello de Dodro no ano 2010 coa colocación de pedra no seu chan e uns bancos de pedra para desfrute dos veciños. Actualmente é utilizada polo Concello para a realización de actividades culturais.…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Cabodeiras, O Bico e O Redondo forman parte do Porto de Bexo.

Manuel Lorenzo Baleirón, no seu libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga”, escribe desta lugar: “Foi Bexo terra de mariñeiros e en Cabodeiras era onde se amarraban os galeóns e as dornas. O Redondo é onde o río no seu transcurso vira cara a…


Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais

O Porto do Deza é un excelente punto para a observación das aves. As Brañas de Laíño albergan unha riqueza ambiental de primeira magnitude. Nela aniña unha subespecie da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus subs. lusitanica). É un endemismo da Península Ibérica. Tamén se poden ver aquí outras aves ameazadas…


Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais

Lugar onde se bañaban os mozos de Imo. Había un medo moi grande a bañarse, xa que se dicía que o pozo da Brañiña non tiña fondo ou os mozos non daban baixado ao fondo de forma natural. Tamén había un certo temor a meterse no río grande o 25 de xullo, porque se dicía que pasaba o Apóstolo arrastrando pesadas cadeas que tiraban sen remedio dos…


Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais

Este espazo forma, xunto coas Veigas de Campaña e Cordeiro de Valga, unha das zonas húmidas máis grandes de Galicia, cunha riqueza medioambiental de primeira magnitude, protexida pola Rede Natura 2000 (Sistema Fluvial Ulla-Deza). Teñen unha importante variedade de flora e fauna presentando exemplares en perigo de extinción e endemismos da Península Ibérica como o


Dodro - San Xián de Laíño | Espazos naturais

Insua formada polo río Ulla e o río Vello, entre as parroquias de San Xoán de Laíño (Dodro) e Santa María de Isorna (Rianxo), próxima ás insuas de Vilar e da Pomba (Valga).


Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais