Hórreo de Imo

Hórreo de Imo - Dodro - San Xoán  de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Na aldea de Arriba de Imo, na beira dun camiño e sobre un valado, fronte a unha fonte, detrás da Casa de Aguirre.

Este hórreo, de gran envergadura, está actualmente en estado ruinoso, cheo de vexetación. A cimentación é unha repisa alta de perpiaños de granito, duns 2 metros de alto. No lateral leste, a repisa presenta varios vans rectangulares, quizais para gardar o mel. Non ten soportes, asentando o tornarratos directamente sobre a repisa. O tornarratos é unha peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Parece que tería catro claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. A madeira está en moi mal estado, faltando completamente no claro do sur. A vexetación non permite ver as columnas nin a cornixa, que deben ser de pedra. Así mesmo, tampouco puidemos observar con claridade os penais, xa que están totalmente cubertos de hedra, sendo o do sur de pedra e o do norte tamén de pedra, non sabemos si con porta ou non. Armazón de madeira e cubrición de tellas do país, do cal apenas queda algún resto. Os remates, ou ben non os conserva ou ben están totalmente tapados pola vexetación. Orientado ao NE-SW.

Máis ou menos contemporáneo aos outros hórreos da Casa de Aguirre, sobre o ano 1758. Os canteiros procedían dos obradoiros de Cimadevila (Boiro).

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO063
  • Outras denominacións: Hórreo Nº 3 da Casa Aguirre
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: 1758
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Imo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Moi mala, en absoluto estado ruinoso e de abandono. Apenas conserva a madeira dos claros e a cubrición, e está totalmente cuberto de vexetación.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 233)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Dodriño

Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Tallós

Hórreo de Teaio