Hórreo de Rialiño

Hórreo de Rialiño - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Situado nunha finca privada no núcleo de Rialiño.

Cimentado sobre unha repisa baixa de perpiaño de granito, duns 40 centímetros de alto. Os soportes son catro cepas de pedra. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Columnas e cornixa de pedra, esta última moldurada e separando o penal traseiro do seu pinche. Penal da fronte de pedra, con porta de madeira e penal traseiro de pedra con seis fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella plana. Remates: non conserva a cruz, só a base, actualmente cuberta de hedra, e pináculo no lado oposto, tamén cuberto de vexetación; presenta tamén catro pináculos máis pequenos, un en cada esquina dos pinches. Orientado ao NW.

Parece que ten entre 70 e 80 anos.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO077
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Rialiño
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Regular, abandonado. A madeira e a cubrición atópanse en mal estado, e está cuberto de vexetación, aínda que foi limpo máis recentemente. A finca na que se insire tamén está abandonada, así como a casa á que pertence.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 138)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Vigo

Hórreo de Tarrío

Hórreo de Paizal

Hórreo da casa reitoral de San Xoán de Laíño