Hórreo de Sar

Hórreo de Sar - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Situado no núcleo, na zona de entrada a unha das vivendas propietarias.

A cimentación é unha repisa alta de perpiaños e cachotes de granito, de 1,70 metros de altura máxima (está nunha costa). Na fronte sur é visible nesta plataforma un van pechado con unha estrutura de ferro, empregándose a propia repisa como pequeno almacén. Non ten soportes, asentando o tornarratos directamente na repisa. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Tería dous claros supostamente, non conservando actualmente nin as columnas, nin as madeiras nin a cornixa. Só mantén en pé as columnas de pedra dos penais, que estarían pechados con madeira orixinalmente, e os pinches, tamén de pedra. Non conserva a cubrición nin os remates. Orientado ao NW-SE.

No 2010, di a propietaria que debe ser antigo, que a ela lle acorda toda a vida. Tería máis de cen anos.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO180
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Sar
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Moi mala, medio desmantelado, sen madeira, sen cubrición e sen remates, en absoluto estado de abandono. Apenas conserva en pé a cimentación, o tornarratos e os penais cos pinches.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 148)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Tarrío

Hórreo de Vigo

Hórreo de Traxeito

Hórreo de Lestrobe