Veigas de Campaña e Cordeiro
Imaxe: Javier Figueroa Iglesias
Este espazo forma, xunto coas Brañas de Laíño de Dodro, unha das zonas húmidas máis grandes de Galicia, cunha riqueza medioambiental de primeira magnitude, protexida pola Rede Natura 2000 (Sistema Fluvial Ulla-Deza). Teñen unha importante variedade de flora e fauna presentando exemplares en perigo de extinción e endemismos da Península Ibérica como o Emberiza shoeniclus subsp. lusitanica. Nas súas xunqueiras, carrizos e pasteiros nidifican moitas aves como a folosa acuática (Acrocephalus paludicola), a garza, a aguia perdiceira, o gabián, o vichelocrego ou o cardeal. En canto á vexetación atopamos Thalictrum speciosissimun da que só existen dúas citas na provincia da Coruña, Scirpus pungens, variedade de xunco da que apenas quedan exemplares, herba salgueira, ulmaria, lirios, frundio, mentas e diferentes especies de orquídeas.
- INFORMACIÓN
- Código: VA-NA004
- Outras denominacións: Brañas de Campaña e Cordeiro
- Tipoloxía: Espazos naturais
- Cronoloxía:
- Concello: Valga
- Parroquia: Santa Cristina de Campaña
- Lugar: Campaña e Cordeiro
- Acceso a pé: Moi bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Decisión da Comisión do 7 de decembro de 2004 - LIC (Lugar de Interese Comunitario)
Decreto 37/2014 - ZEC (Zona Especial de Conservación)
Decreto 37/2014 - Rede Natura 2000
Real Decreto 103/2003 - Espazo Natural do Plan Hidrolóxico Galicia Costa
- Referencias:
-
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.708876730137 , -8.6822279091563
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.