Hórreo de Castro

Hórreo de Castro - Dodro - San Xoán  de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Situado na entrada da aldea, ao sur da Eira de Abaixo, ao pé da estrada.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento, duns 2 metros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra. Os gabinetes están pechados con ladrillo. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, pechados con ladrillos. Non ten linteis nin cornixa. Columnas de pedra. Os dous penais son de perpiaño, sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de uralita. Non conserva os remates, tan só a base cuadrangular do penal sur. Orientado ao NW-SE.

No 2010, un veciño de algo máis de setenta anos, di que lle acorda toda a vida, que debe ser antigo, aínda que non soubo concretar a data con maior exactitude. Dataría de comezos do século XX.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO045
  • Outras denominacións: Hórreo das do curral da Pastoriza
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: Século XX
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Castro
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Moi mala, totalmente alterado. A madeira foi substituída por ladrillos e a cubrición de tella por uralita. Os gabinetes tamén aparecen pechados con ladrillo. A contorna é igualmente reprobable, embutido entre alpendres de cemento e ladrillo.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 218)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Vigo

Hórreo de Sar

Hórreo de Tarrío

Hórreo de Manselle