Busca

Amosando 289 - 312 de 371 resultados da busca.

Situado na mesma finca que outro hórreo, no núcleo da aldea.

Exemplar de gran tamaño de hórreo mixto. A cimentación é unha repisa alta de perpiaños encintada con cemento, de algo máis de 1 metro de altura. Non ten soportes, asentando o tornarratos directamente nela. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten catro claros con…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Nunha finca con herba ao pé dunha pista asfaltada, fronte a portada de entrada ao Pazo de Tarrío.

A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito duns 30 centímetros de altura e cuberta de vexetación. Os soportes son catro cepas de pedra. O…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado no lugar coñecido como A Eira, ao pé dunha pista asfaltada.

A cimentación é unha repisa baixa pero ancha, duns 3,30 metros de ancho e 40 centímetros de alto. É de cachotaría de granito, cuberto en parte de vexetación. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento, cada unha sobre unha base rectangular tamén de cachotaría,…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

No patio pechado da casa, na parte traseira, correspondendo ao solar nº 26.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito e argamasa, de 1,20 metros de alto. Os soportes son tres cepas de pedra molduradas na parte superior e inferior. Os gabinetes, abertos, son empregados para gardar leña. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado nun pequeno patio pechado situado detrás da casa á que pertence, correspondente ao solar nº 30.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito, recebada con cemento no seu lateral Oeste, medindo 50 centímetros por este lado e 1 metro polo lateral leste. Os soportes son catro cepas de pedra molduradas na parte superior, tamén recebadas…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

No medio da aldea, case afogado polas casas.

A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito. Os soportes son catro cepas de perpiaños. Gabinetes pechados con ladrillo e cemento para uso doméstico. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas.  Presenta unha porta de…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Edificación vinculada ao Alfolín da Renda do Tabaco, construída na mesma data. A súa denominación, a Casa da Señora, vén porque aquí vivía dona Carmen Domínguez Orense, xunto con don…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Propiedade de María Teresa Novoa Devesa, sobriña do Doutor Manuel Devesa, está situado no camiño entre o Telleiro e Porto, os terreos chegaban até Os Peiraos, incluíndo os que hoxe ocupa Nestlé. Nos anos 30, intelectuais galegos quixeron regalarllo a Ramón María del Valle Inclán, para que pasase aquí os derradeiros días da súa vida, mais o escritor declinou o ofrecemento. Posúe un escudo que contén oito liñaxes: a primeira, a Cruz de Calatrava, dos Ribadeneira ou Neira; a…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Antes da construción da rúa principal de Pontecesures, o núcleo de poboación non estaba establecido na chaira da ribeira do río Ulla, posto que era terreo moi inundable. Afastado do núcleo, nunha das antigas baixadas desde Infesta ao porto, na actual rúa Nova, atopamos o edificio máis antigo de…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

A primeira liña de tren do estado inaugurouse no ano 1848, cubrindo a distancia entre Barcelona e Mataró. Unha década despois, a fidalguía e a burguesía influínte galega comezaron a barallar a necesidade dunha vía férrea en Galicia, considerándose varias opcións, mais a que venceu finalmente foi a de Santiago a Carril. Foron varios os motivos; o primeiro, que a Sociedade de Amigos do País presidida por Montero Ríos e conformada por empresarios de Santiago, tiñan lazos…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Desaparecido restaurante que era sinónimo do bo comer e unha das referencias culinarias en Galicia, por aquilo de situarse á beira da N-550. Tiña como especialidades da casa a empanada de lamprea e o biscoito saboiano, ademáis de salmón, troitas, mariscos ou a "tortilla celta", de varios pisos con legumes variadas entre eles.

Foi un dos restaurantes de referencia para moitos santiagueses, principalmente persoas de alto poder adquisitivo como empresarios,…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Edificación que albergaba o matadoiro municipal de Cesures, construído en 1952, coincidindo coa cuarta Feira do Automóbil de Ocasión. Foi empregado como local de Protección Civil, e desde o ano 2024 é o espazo usado pola Asociación Valeira de Pontecesures para realizar as súas actividades.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Desde a Praza de Abastos de Cesures, as patifas levaban a patela ou panela a costas (ben sobre a cabeza, ben a lombo dun burro) cheas de peixe “cativo” (sardiña, xouba, xurelo... os máis resistentes, ou lamprea na tempada desta), percorrendo camiños até Lestedo, Santiago, A Estrada, Vedra, Boqueixón... 

As ganancias das vendas eran ás veces mínimas, mais a “esmola era boa”. Así, ás veces a balanza inclinábase máis ao cambiar peixe por millo, centeo,…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Edificación incluída no Catálogo de Patrimonio Histórico do PXOM do Concello de Pontecesures e no Catálogo do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Vivenda que ten certo aire modernista, con dúas torres e terraza superior.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Cesar Portela, o autor do proxecto, defíneo do seguinte xeito: “O edificio da nova casa consistorial proxéctase nun soar alongado que ten fronte a unha vía do casco e á avenida de circunvalación. O réxime de propiedade dos terreos na zona e a diferenza de cota existente presenta dificultades de comunicación entre ámbalas dúas vías, o que obriga a resolver o seu enlace sobre esta parcela de propiedade municipal mediante senllas escalinatas que descorren a ambos os…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Edificación vinculada ao Alfolín da Renda do Tabaco, construída na mesma data.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Vivenda na rúa José Novo coa fachada decorada con azulexos e galería realizada en forxa metálica.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Vivenda no lugar de Redondo que ten unha das súas paredes cuberta por cunchas de vieira. Trátase dun recurso tradicional moi vistoso e propio, que consistía en illar o penal máis exposto e propenso a recibir chuvia e humidade con cunchas de vieira.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Vivenda no lugar de Redondo que ten unha das súas paredes cuberta por cunchas de vieira. Trátase dun recurso tradicional moi vistoso e propio, que consistía en illar o penal máis exposto e propenso a recibir chuvia e humidade con cunchas de vieira.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos

O rego Salgueirón, duns 2.200 metros de lonxitude, nace na Fonte Salgueirón e desemboca no río Ulla, xa no Porto de Cesures. Ao longo do seu percorrido ten asociados elementos que aproveitan as súas augas: o…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil

Nesta casa da rúa Portarraxoi naceu, o 10 de xullo de 1916, o escritor e xornalista Raimundo García Domínguez “Borobó”. Aínda que o de Borobó é o seu máis coñecido pseudónimo, tamén foi coñecido por outros pseudónimos e heterónimos, entre eles os de Raimundo Lozano, J. Sierra, Ánxel Novo, Xoán Porreás, Tina ou La Piñeira.

Estudou o bacharelato en Pontecesures e despois…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Hórreo no lugar de Condide.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos

Hórreo no lugar do Couto.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos