Casa natal de Borobó
Imaxe: pontecesures.net
Nesta casa da rúa Portarraxoi naceu, o 10 de xullo de 1916, o escritor e xornalista Raimundo García Domínguez “Borobó”. Aínda que o de Borobó é o seu máis coñecido pseudónimo, tamén foi coñecido por outros pseudónimos e heterónimos, entre eles os de Raimundo Lozano, J. Sierra, Ánxel Novo, Xoán Porreás, Tina ou La Piñeira.
Estudou o bacharelato en Pontecesures e despois cursou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Durante a Segunda República ingresou en Izquierda Republicana, mais marchou con Xoán Xesús González para formar Vanguardia de Izquierda Republicana, da que foi secretario de actas. En 1936 a guerra civil española sorprendeuno en Santander, onde asistía á Universidade Internacional de Verán. Foi trasladado a Madrid e participou na defensa da cidade en unidades de artillería e de transporte. Afiliouse á Unión General de Trabajadores, e comezou a súa faceta xornalística, con colaboracións na redacción de Estímulo, voceiro das unidades artilleiras en que participou. Cando xa remataba a guerra afiliouse ao PSOE.
Rematada a guerra, pasou por diversos campos de concentración, tivo que facer o servizo militar en Marrocos e incorporouse á actividade clandestina do seu partido. Fixo de enlace entre os socialistas galegos e a dirección do PSOE en Madrid. Retomou o seu traballo xornalístico participando na publicación Finisterre e, entre 1944 e 1946, en El Español, La Estafeta Literaria, Fantasía e Madrid.
En 1946 volveu a Galicia e incorporouse á redacción de La Noche, do que foi director, e no cal deu cabida a novos escritores que acabarían sendo coñecidos polo alcume de Xeración La Noche. Tamén fundou a revista Chan. Posteriormente ocupou a dirección de El Correo Gallego (1960), e máis tarde marchou novamente a Madrid para ocupar altos cargos en diferentes medios de comunicación. Borobó continuou a escribir infatigable, colaborando con publicacións coma Galicia Hoxe ou A Nosa Terra, até a súa morte en 2003 en Trevonzos, unha aldea de Boiro.
- INFORMACIÓN
- Código: PO-AC008
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Arquitectura civil
- Cronoloxía: -
- Concello: Pontecesures
- Parroquia: San Xulián de Requeixo
- Lugar: Rúa Portarraxoi
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Pontecesures (PO 8)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.71785609692 , -8.6521443274671
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.