Casa do Concello de Pontecesures

Casa do Concello - Pontecesures - San Xulián de Requeixo

Imaxe: arquitecturadegalicia.eu

Cesar Portela, o autor do proxecto, defíneo do seguinte xeito: “O edificio da nova casa consistorial proxéctase nun soar alongado que ten fronte a unha vía do casco e á avenida de circunvalación. O réxime de propiedade dos terreos na zona e a diferenza de cota existente presenta dificultades de comunicación entre ámbalas dúas vías, o que obriga a resolver o seu enlace sobre esta parcela de propiedade municipal mediante senllas escalinatas que descorren a ambos os lados do edificio. Esta preocupación urbanística, a compactidade volumétrica exterior, e a dialéctica interior-exterior son os aspectos máis notables do proxecto. No andar a nivel de acceso sitúanse o vestíbulo, as oficinas xerais e o salón de sesións, espazos todos eles a dobre altura e que se definen mediante volumes prismáticos transversais, localizados a nivel do andar superior, e nos que se aloxa os despachos do alcalde, secretario, interventor e a sala de xuntas”.

No Salón de Plenos atopase a exposta a Bandeira do Carmelo, que forma parte da procesión o día do Carme (o primeiro domingo de xullo), sendo portada por valeiros uniformados e cos remos ao lombo. A bandeira foi regalada en 1912 por cesureños emigrados a Cuba á desaparecida "Liga de Amigos El Carmen". A bandeira que hoxe sae na procesión é unha reprodución da orixinal, na que se poden ver dúas curiosidades: por un lado o xentilicio que alí figura é "cesurenses" e por outro a diagonal da banda azul da bandeira galega está en sentido contrario.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Casa dos Azulexos

Salón Cesures

Antiga Casa do Concello de Pontecesures

Casa do Concello de Pontecesures