Busca

Amosando 145 - 168 de 1304 resultados da busca.

Pombal de planta circular duns 7 metros de diámetro, con muros en fábrica de pedra e cuberta de tella curva. Englóbase no conxunto de edificacións que conforman a Casa do Sisto.


Valga - Santa María de Xanza | Obra civil

Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro. Muros de cachotería de pedra acabados ao exterior con morteiro de cemento e pintura branca.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro, con muros en pedra recebada e pintada con cal. Cuberta acabada con tella curva.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

A Ponte do Souto ou do Camiño Real, cruza o río Valga, emprazándose no antigo Camiño Real que na actualidade está anulado polo trazado do ferrocarril. A ponte está realizada mediante tallamares de pedra e taboleiro alintelado, tamén de pedra. Dátase da época medieval, aínda que popularmente é coñecido como a Ponte Romana.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Obra civil

Pontella que salva ao río Valga, formada por dous muros de pedra asentados en seco, sobre os que se sitúa unha lousa de granito de 0,67 metros de ancho e 3 metros de longo.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Pontella que salva ao río Valga moi preto da Capela dos Martores e que formaba parte do camiño sacramental montesío que unía o desaparecido Mosteiro de San Paio ou San Paio da Granxa, cos núcleos de Martores, Vilares e Laceiras. Actualmente, os elementos conservados máis salientables…


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Por un Real Decreto de 1761 deu comezo a construción dunha rede de camiños que partían de Madrid e comunicaban distintas poboacións. En 1763 iníciase a construción dos trazados en Galicia. Os legoarios marcaban as distancias en légoas entre as principais poboacións. Cada legoario debería estar colocado cada 6,687 quilómetros.

Construído en granito de forma paralelepípeda. Presenta unha base cúbica e un remate en pirámide. Está na estrada que une Santiago e…


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Ponte que dá nome á capital do concello. Probablemente construída na mesmo momento en que se fixo o Legoario de Valga, situado na Tarroeira. Co Real Decreto de 1761 deu comezo á construción dunha rede de camiños que partían de Madrid e comunicaban distintas poboacións. Con toda probabilidade foi erixido cando a construción da rede de estradas nas derradeiras décadas do século XVIII,…


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Situado nunha finca do cura ao carón da Igrexa de Santa Cristina de Campaña. Pombal de planta circular duns 5 metros de diámetro.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Obra civil

Situado no campo da festa, compartindo espazo co Cruceiro Nº 2 do Campo e a Escola de Xanza. De base rectangular, todo o palco estaba construído en ladrillo, enfuscado e pintado coas cores branca e marrón. Por un dos laterais accedíase á base inferior, que era utilizada como almacén…


Valga - Santa María de Xanza | Obra civil

Ponte construída en pedra que salva o curso dun regato afluente do río Valga.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Ponte construída en pedra que salva o curso do río Valga.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Pombal de planta circular duns 4 metros de diámetro, coa cuberta de tella curva.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Situado no campo da festa de Cordeiro. De base poligonal e construído en metal e pedra.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Pontella sobre o río Valga que conserva as bases orixinais de pedra, mais a plataforma está formada por unha prancha de formigón


Valga - Santa María de Xanza | Obra civil

Situado nunha finca privada pechada, pertencente ao solar nº 5 do núcleo. Nesta mesma finca localízase un pombal.

Cimentado sobre unha repisa de perpiaño de granito de pouca altura, encintada con cemento. Os soportes son catro cepas de pedra, a dianteira coa parte…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Sobre o muro de peche dunha finca privada, ao pé da estrada que, desde Rialiño, vai cara Paizal e Traxeito. Pertence a unha casa de pedra tradicional.

Cimentado sobre o muro de peche da finca, de cachotaría de granito. Os soportes son tres cepas de pedra coa metade superior, onde aparecen molduradas, refeitas en cemento. Tornarratos corrido ao longo…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado na Aldea de Abaixo, no lugar coñecido como Eira das Pías.

A cimentación non é visible. O soporte é un celeiro de perpiaños e cachotes de granito, que no extremo norte está reformado con bloques de cemento, e no lateral oeste é visible unha pequeno van rectangular. Tornarratos corrido ao longo do corpo de todo o hórreo. Ten sete claros, con balaústres de madeira e unha cinta, con seis portas de madeira no lateral…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Atópase sobre un muro de peche dunha finca privada, ao pé dunha pista asfaltada.

Bonito exemplar de hórreo mixto, de moi boa factura. Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito que serve de peche da finca. Mide 1,80 metros de altura máxima (está nunha costa) e 85 centímetros de altura mínima. Os soportes están mal conservado, constando de…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

No peche dunha finca privada no propio núcleo, ao pé dunha pista asfaltada. Pertence á casa nº 100. Ao Norte deste hórreo, e aliñado con el, levántase a escasos metros outro hórreo.

Fermoso e interesante exemplar de hórreo mixto, único exemplo visto na aldea con decoración insculpida no pinche frontal. Cimentado sobre unha alta repisa de cachotaría de…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Situado nunha finca  que se estende pola parte traseira da casa reitoral, xunto co pombal, o cal pertencía tamén á reitoral, ao norte da…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

No punto coñecido como Eira dos Hórreos, na parte alta da aldea.

Conxunto de 5 hórreos na zona alta do núcleo de Lestrobe. Os cinco hórreos que se conservan nesta eira están, ou ben modificados, ou ben restaurados. Todos están orientados ai NE. Dous destes hórreos foron rehabilitados, mentres que outro está moi modificado con respecto ao seu estado…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

No lugar coñecido como A Lavandeira, ao pé da comarcal AC-305.

Conxunto de 11 hórreos que na súa maioría datan do século XVIII. Agrúpanse nas inmediacións da AC-305, no lugar coñecido como A Lavandeira. Son hórreos do chamado tipo Mahía, de planta rectangular con soleiras de cantaría e tornarratos corridos, sobre muros transversais a modo…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Na zona alta da aldea, na zona coñecida como Eira das Cabanas.

Conxunto integrado por seis hórreos de tipo Mahía e Noia, con claros de pedra deixando aberturas horizontais para a ventilación, mixtos de pedra e madeira ou restaurados con ladrillo.

A…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos