Hórreo de Vigo

Hórreo de Vigo - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Sendeiros de Dodro | Concello de Dodro

Atópase sobre un muro de peche dunha finca privada, ao pé dunha pista asfaltada.

Bonito exemplar de hórreo mixto, de moi boa factura. Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito que serve de peche da finca. Mide 1,80 metros de altura máxima (está nunha costa) e 85 centímetros de altura mínima. Os soportes están mal conservado, constando de catro cepas de pedra molduradas, hoxe medio tapadas e reconstruídas con ladrillo, que tamén pechan os gabinetes, constituíndo así como unha segunda repisa que asenta sobre o pedestal de cachotaría de granito, e sobre o que asenta o tornarratos, este corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra, esta última moldurada e empregada como elemento divisorio entre o penal traseiro e o seu pinche. O penal dianteiro é de pedra, con porta de madeira, e o penal traseiro tamén é de pedra, con oito fendas de ventilación horizontais. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: fermosa cruz latina alta trilobulada nos extremos e de  sección cuadrangular no resto, sobre pedestal bocelado e este sobre unha base en escocia; e pináculo piramidal rematado en bóla ovoide e angulosa. Orientado ao NE.

Parece bastante antigo, de moi boa factura. De finais do século XIX ou comezos do XX.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO020
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: Vigo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, a madeira está en moi mal estado e os soportes de pedra apenas se conservan, refeitos en ladrillos.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-89)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 64)

    Sendeiros de Dodro

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Bexo

Hórreo de Eiró

Hórreo de Paizal