Casa reitoral de San Xián de Laíño

Casa reitoral de San Xián de Laíño - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Sendeiros de Dodro | Concello de Dodro

Construción de planta rectangular e estrutura de baixo e un andar, a partir de muros de cadeirado irregular con carpintaría de madeira. Cuberta a catro augas, con rematado de tella curva sobre armazón de madeira, adornado cunha cheminea na súa vertente norte. O conxunto compleméntase cunha serie de anexos na súa fachada leste, así como un pombal e un hórreo na horta.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-AC008
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura civil
  • Cronoloxía: Século XVIII
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: A Igrexa
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Actualmente, despois de restaurala, é Centro de Día para maiores.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (AC-04)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Sendeiros de Dodro

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro, aprobado o 27 de decembro de 2010

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Palacio de Lestrobe

Pazo do Marqués de Bendaña

Escola de Lestrobe

Pazo de Tarrío