Legoario de Valga
Imaxe: Manuel
Por un Real Decreto de 1761 deu comezo a construción dunha rede de camiños que partían de Madrid e comunicaban distintas poboacións. En 1763 iníciase a construción dos trazados en Galicia. Os legoarios marcaban as distancias en légoas entre as principais poboacións. Cada legoario debería estar colocado cada 6,687 quilómetros.
Construído en granito de forma paralelepípeda. Presenta unha base cúbica e un remate en pirámide. Está na estrada que une Santiago e Pontevedra, marcando unha das légoas. Con toda probabilidade foi erixido cando a construción da rede de estradas nas derradeiras décadas do século XVIII, cando o Arcebispo Malvar ordenou en 1790 construír a estrada Santiago-Caldas de Reis.
O seu emprazamento actual non é o orixinal, posto que foi movido fai anos para a contrución de beirarrúas. As súas pezas non foron colocadas de xeito orixinal. Presenta unha inscrición. Na actual N-550, xunto con este legoario, consérvanse cinco máis en Carracedo (Caldas de Reis), Tibo (Caldas de Reis), Perdecanai (Barro), Cerponzóns (Pontevedra) e Cañoteira (Vilaboa), algúns deles con reloxo de sol.
- INFORMACIÓN
- Código: VA-OC017
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Obra civil
- Cronoloxía: Século XVI-XVIII
- Concello: Valga
- Parroquia: San Miguel de Valga
- Lugar: Tarroeira
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Un poste da luz, un farol e unha sinal de tráfico, compiten polo espazo co legoario. A construción de beirarrúas, motivo polo que se moveu do seu emprazamento orixinal, tampouco axudan á axeitada conservación deste.
- Protección:
Non
- Referencias:
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.704454497626 , -8.6497634204458
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.