Ponte de Valga

Ponte de Valga - Valga - San Miguel de Valga

Ponte que dá nome á capital do concello. Probablemente construída na mesmo momento en que se fixo o Legoario de Valga, situado na Tarroeira. Co Real Decreto de 1761 deu comezo á construción dunha rede de camiños que partían de Madrid e comunicaban distintas poboacións. Con toda probabilidade foi erixido cando a construción da rede de estradas nas derradeiras décadas do século XVIII, cando o Arcebispo Malvar ordenou en 1790 construír a estrada Santiago-Caldas de Reis, iniciándose no 1763 a construción dos trazados en Galicia.

A Ponte de Valga sería construída durante a execución do trazado da estrada que une Santiago e Pontevedra, coa finalidade de salvar ao río Valga.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-OC018
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: Século XVI-XVIII
  • Concello: Valga
  • Parroquia: San Miguel de Valga
  • Lugar: Ponte Valga
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Nas últimas obras de ampliación da N-550 produciuse un engrosamento da estrada, polo que a pedra orixinal que conformaba a ponte non está á vista. Actualmente un chapado de pedra reviste á ponte, quedando oculta para sempre a estrutura da ponte primixenia.

  • Protección:

    Non

  • Referencias:

    -

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pombal de Ponte Valga

Palco da música de Xanza

Palco da Música de Casal do Eirigo

Legoario de Valga