Busca
Fonte elaborada con bloques graníticos e cano metálico.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Unha mina de auga non deixa de ser nunha escavación na rocha na que aflora a auga para o seu mellor aproveitamento. Supoñen o acondicionamento do punto de afloramento das correntes subterráneas de auga, e ademais de sanear a zona para evitar contaminacións do recurso, serven para facilitar a canalización cara unha fonte ou condución.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Fonte de bloques graníticos e lavadoiro de material cerámico recebado.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Construído no ano 1950, está situado na estrada que vai do Forno a Socastro. Aquí viñan lavar as mulleres destas dúas aldeas de Cordeiro. Na actualidade xa non conserva a cuberta que orixinalmente tiña, mais si mantén a pía, as pedras de lavar e a fonte. As pedras de lavar non son as orixinais porque estas leváronse para o lavadoiro que está ao lado do río.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Emprazada no centro do campo da festa de Cordeiro, ao carón do Palco da Música de Cordeiro.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Bomba de auga no medio do lugar de Ferreirós.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Bomba de auga no lugar do Sisto. A auga bombeada procede directamente dun pozo.
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga
Muíño de planta cuadrangular e muros de cachotería, fornecido coa auga procedente dunha canle e que desemboca no río Ulla.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Na ribeira do río Louro, sobre unha antiga canle de derivación.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Fonte ornamental que forma parte do conxunto de construcións que conforman o Pazo da Bouza.
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga
Muíño de vento no Monte Beiro.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
Asentamento romano ribeirán no río Ulla. O lugar ocupa uns 11.500 metros cadrados, ten forma ovalada e está sobreelevado do terreo circundante, que hoxe en día é un terreo intermareal. Nas primeiras escavacións levadas a cabo polo arqueólogo David Fernández Abella, consistentes nunha simple investigación superficial, apareceron fragmentos de cerámica e tellas de época romana datados entre os séculos II a.C. e V d.C. Nunha das sondaxes tamén se localizou un posible almacén…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arqueoloxía
Emprazado entre as aldeas de Balleas e Socastro, a unha altitude de 60 metros e a 1,5 quilómetros do río Ulla. Localízase a 300 metros da Igrexa de Santa Comba de Louro e a 500 metros da Igrexa Vella…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arqueoloxía
O xacemento da Igrexa vella foi descuberto nos últimos anos, aínda que se tiñan coñecementos na memoria popular da parroquia de Cordeiro, así como nalgúns documentos antigos, da existencia dunha pequena igrexa e un mosteiro de fundación altomedieval con diversas fases de ocupación, e que foi desfeito no século XVIII para construír a actual Igrexa de Santa Comba de…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arqueoloxía
Para a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, realizouse unha enquisa ao informante Don Ramón Eiras, quen amosou todos aqueles restos materiais por el recuperados, ao longo do tempo, nas fincas situadas na paraxe coñecida como Soaviña. Entre estes restos destacan importantes anacos de cerámica de construción romana, principalmente fragmentos de later e tegula, xunto cos restos de mineral de ferro. O…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arqueoloxía
Na elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, localizouse o topónimo durante a revisión das listaxes catastrais actuais, coincidindo cunha zona da ladeira que, dende o Monte Fontebecha, cae cara o val do río Louro. A inspección en campo resultou infrutuosa, ao non localizarse ningún vestixio estrutural ou material de natureza arqueolóxica.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arqueoloxía
Na elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, localizouse este topónimo do núcleo de poboación A Torre. Fíxose unha inspección ao lugar, non atopando evidencias construtivas que permitisen identificar un elemento de tipo defensivo. Sen embargo, si se localizou, na parte final do núcleo rural (extremo leste), unha pequena elevación con afloramentos rochosos a ras de chan, que resultaría idónea para o…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arqueoloxía
Para a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, inspeccionouse esta zona por ter localizado, na toponimia catastral, varias fincas coa denominación Cruz do Refe, que se emprazan na parte baixa da ladeira norte do Monte da Cabreira ou Monte Cabreiro, mais con resultados negativos. Sen embargo descóbrese, na zona do cumio, un lugar óptimo para a existencia de petróglifos. Así, estas paraxes ofrecen un…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arqueoloxía
Na a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, durante a revisión da microtoponimia catastral actual, foi localizada esta denominación, correspondente a unha considerable cantidade de fincas (30 parcelas do polígono 50), que se emprazan cara a parte norte do núcleo rural de Vilar.
A…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arqueoloxía
Este xacemento foi catalogado a raíz do descubrimento dunha serie de retos materiais detectados durante o control arqueolóxico da construción do gasoduto Valga-Tui. Durante aquela actuación, recuperouse ao longo dunha superficie de pouco máis de 100 metros, un conxunto material composto por 62 fragmentos, dos que a gran maioría (37 anacos) corresponden con cerámica de construción romana, en concreto tegulae. Xunto…
Valga - San Salvador de Setecoros | Arqueoloxía
Localizado durante os traballos de control da obra do gasoduto Valga-Tui, foi adscrito erroneamente ao Concello de Caldas de Reis.
A revisión da rocha na que se sitúan as cazoletas, dá como resultado a detección dunha nova, co que na zona superior da rocha obsérvanse un total de catro. Destas…
Valga - San Salvador de Setecoros | Arqueoloxía
O castro presenta un dobre recinto central, conformado a dous niveis (a separación entre a parte superior ou croa principal e o segundo nivel soluciónase cun pequeno terraplén), defendido en todo o seu perímetro por un alto e potente terraplén. Cara o interior do recinto superior ou croa principal, pode observarse a existencia de parte dun pequeno parapeto (1 metro de altura aproximadamente), visible na parte sueste deste recinto superior. O segundo recinto, nun nivel un…
Valga - San Salvador de Setecoros | Arqueoloxía
Xacemento castrexo, composto por un recinto central, de forma aproximadamente circular, rodeado por un parapeto ou muralla e foxo exterior. O recinto central conta cunhas dimensións duns 60-65 metros de ancho, en sentido leste-oeste, por unhas medidas semellantes no eixo norte-sur, aínda que na actualidade o límite norte aparece alterado. O parapeto ou muralla térrea que circunda este recinto central consérvase en…