Busca
Situado no pinche traseiro dun hórreo de Vigo, situado nunha finca privada, na parte traseira da vivenda á que pertence, a casa nº 10, ao pé da AC-305.
Segundo exemplar de reloxo de sol localizado na aldea de Vigo, ambos os dous situados en hórreos. Reloxo de…
Dodro - Santa María de Dodro | Obra civil
Esta é unha das dúas vivendas de planta circular na aldea de Castro, ao carón do Hórreo da Miguensa.
As edificacións máis antigas de Castro: casas redondas, palleiras, alpendres... teñen todas unha pedra de seixo nas súas paredes. A finalidade destas pedras pode ser como…
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura civil
Segundo os investigadores Xosé Comoxo e Xesús Santos, o lendario bandoleiro Xan Quinto era da parroquia rianxeira do Araño. O seu nome real era Antonio Rodríguez Otero.
Foron varios os escritores os que o citaron nas súas obras, situándoo na segunda metade do século XIX. Parecía tratarse dun tipo froito da inventiva popular aproveitado polos intelectuais da época…
Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura civil
Aldea abandonada no lugar de Bustelo, preto das aldeas de Rialiño, Paizal e Traxeito. Neste punto tan só existen un par de vivendas, un alpendre e un pombal, ademais dun muíño xa máis abaixo, que era o que daba luz eléctrica a este pequeno enclave.
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil
As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do…
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura civil
Pontella levantada sobre o rego San Cibrán que presenta unha estrutura construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como na súa cepa central e enlousado, conformado a base de grandes bloques de pedra. A ponte carece de peitoril de seguridade. Destaca a perfecta labra e trabazón da cantaría que conforman as canles que canalizan o río, así como o seu firme.
Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil
Espazo natural nas ribeiras do río da Arregañada, na que en menos dun quilómetro de distancia, atópanse pontellas (Pontella do Muíño de Riba e Pontella do Muíño Tellado) e muíños centenarios (…
Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais
Pontella sobre o río da Arregañada, ao carón do Muíño de Riba.
Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil
Pontella sobre o río da Arregañada, ao carón do Muíño Tellado.
Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil
Palco da música no lugar de Cores, de planta hexagonal e construído en granito.
Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil
No alto do portal de acceso ao Pazo da Baiuca, localízase un reloxo de sol de tipoloxía declinante, construído en pedra e co gnomon metálico.
Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil
As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os…
Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura civil
Cabodeiras, O Bico e O Redondo forman parte do Porto de Bexo.
Manuel Lorenzo Baleirón, no seu libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga”, escribe desta lugar: “Foi Bexo terra de mariñeiros e en Cabodeiras era onde se amarraban os galeóns e as dornas. O Redondo é onde o río no seu transcurso vira cara a…
Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais
O Porto do Deza é un excelente punto para a observación das aves. As Brañas de Laíño albergan unha riqueza ambiental de primeira magnitude. Nela aniña unha subespecie da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus subs. lusitanica). É un endemismo da Península Ibérica. Tamén se poden ver aquí outras aves ameazadas…
Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais
Lugar onde se bañaban os mozos de Imo. Había un medo moi grande a bañarse, xa que se dicía que o pozo da Brañiña non tiña fondo ou os mozos non daban baixado ao fondo de forma natural. Tamén había un certo temor a meterse no río grande o 25 de xullo, porque se dicía que pasaba o Apóstolo arrastrando pesadas cadeas que tiraban sen remedio dos…
Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais
Edificación hoxe desaparecida, inaugurada no ano 1952. Emprazábase onde na actualidade está o edificio da Cafetería As Torres. Construída cunha estrutura aberta, con reixa, para conseguir unha boa ventilación e evitar posibles malos cheiros.
Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura civil
Casa reitoral do século XIX situada na contorna da Igrexa de San Salvador de Taragoña e do cemiterio parroquial, no centro do núcleo da Igrexa. Acceso principal desde o camiño que vai á igrexa mediante un portón de grandes dimensións e lintel formado por doelas de granito.
…
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura civil
Edificación que data do ano 1660 situada xunto á Capela de San Xosé da Floresta, ao oeste de Rianxiño, e que actualmente está destinada a aloxamento de turismo rural.
Conxunto de planta en L composto por unha edificación principal e varias edificacións…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil
Edificación do casco histórico de Rianxo, do século XIX localizado nun extremo do Campo de Arriba. Situado a un nivel superior sobre a rúa, desde a que se accede mediante unha escalinata de pedra.
Construción de planta rectangular e dous andares, de muros de cantaría e cachotaría de granito…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil
Edificación do casco histórico de Rianxo, que data do século XVII con fronte á rúa Costiña da Igrexa, na contorna da Igrexa de Santa Comba de Rianxo.
Vivenda orixinalmente de dous andares, de planta trapezoidal e muros de cantaría de granito na fachada…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil
Extensión de area cunha lonxitude duns 190 metros, xunto ao Castelo da Lúa.
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais
Extensión de area cunha lonxitude duns 330 metros, onde se localiza unha cheminea industrial pertencente a un antigo serradoiro.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais
Pombal no interior dunha finca situada ao sur do lugar da Igrexa. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra enfuscados, con cuberta a unha auga de pendente pronunciada e pequeno asoleirado perimetral.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil
Pombal na parte traseira dunha finca situada ao sur de Iñobre. Tipoloxía propia destas construcións, de planta circular e muros de cachotaría de pedra, con cuberta a unha auga e asoleirado perimetral.