Castelo da Lúa

Castelo da Lúa - Rianxo - Santa Comba de Rianxo

Imaxe: Turismo Barbanza Arousa

Emprazado no litoral da Ría de Arousa, nun promontorio rochoso orientado ao NO, pechando o esteiro formado pola desembocadura do río Té na Enseada de Rianxo.

A documentación escrita indica que foi erixido probablemente no século XIII por Paio Gómez Charino, derrubado polos Irmandiños en torno a 1495 e reedificada de novo por Suero Gómez de Sotomaior. A partir de 1480 é novamente derrubado polo gobernador real Fernando Acuña. Até 1532 as ruínas do castelo foron empregadas como cárcere, quedando en desuso no ano 1600. Os restos da fortaleza foron utilizados posteriormente, para realizar no ano 1740 o campanario da Igrexa de Santa Comba de Rianxo, así como distintas construcións na comarca e arredores.

Os traballos arqueolóxicos realizados no verán de 2001, dirixidos por Andrés Bonilla, permiten afirmar que o edificio tiña planta rectangular cunha muralla exterior, hoxe desaparecida, reforzada ao S por un foxo, e unha segunda muralla que delimitaba o recinto interno, presidido por unha torre central complementada por dous baluartes laterais e unha zona posterior dedicada ás dependencias comúns e servizos do castelo.

Na actualizade quedan soamente os vestixios do que fora unha das fortalezas militares maiores de Galicia, da que se poden verse os cimentos da localización orixinal, na punta da Praia da Torre.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Castro de Taragoña

Petróglifo Nº 8 dos Campos

Mámoa Nº 3 do Monte da Pena

Petróglifo de Frexó