Busca
Estas caleiras foran estabelecidas en 1923 por Ramón Diéguez Carlés, baixo a razón social Caleras del Ulla. Diéguez, dunha familia de pequenos comerciantes, estudiara química e farmacia en Santiago de Compostela, e comezara a traballar en Madrid, no laboratorio dun dos máis importantes farmacéuticos do país, o licenciado santiagués José Casares Gil, precursor do desenvolvemento da química en España.
O 6 de febreiro de 1923, na solicitude da licenza de…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial
As instalacións que configuraran o conxunto da Cerámica Celta, acaroadas á que fora industria de fabricación de cal (Caleras del Ulla), localízanse na aba setentrional do Monte do Porto, na ribeira esquerda do río Ulla tras o seu paso pola vila.
En 1923 Ramón Diéguez Carlés, establecía unha fábrica de cal baixo a razón social Caleras del Ulla…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial
O pequeno obradoiro localízase na ribeira esquerda do esteiro do río Ulla en San Xulián de Pontecesures, no lugar coñecido como O Cantiño, a carón da vía do ferrocarril, no camiño que vai da Ponte de Cesures a Cortiñas.
En 1925, apenas dous anos despois de ter aberto a…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial
En 1882, o aristócrata Ángel Zabala de Borines, nado en 1855 en Cangas do Morrazo, funda unha fábrica de refrescos en Pontecesures, Gaseosas Zabala, o Almacén de Coloniais, Ultramarinos Zabala e a primeira liña de autocares Pontecesures-Padrón.
En aqueles anos, Pontecesures era xa un referente industrial e comercial no norte da provincia de Pontevedra, grazas ao seu emprazamento privilexiado convértese nun importante nó de comunicacións, así como o feito…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial
A explosión industrial e económica, que aconteceu no século XVIII, levou á construción, por orde de Carlos IV, dun almacén ou alfolín de rendas estancadas. Isto foi propiciado polo feito de que Pontecesures xa era desde 1467, o único porto autorizado para a descarga do sal en toda a ría de Arousa, debido á súa situación estratéxica para a distribución de mercadorías. A súa construción foi froito da necesidade dun espazo onde almacenar certos produtos de valor, derivados…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial
Cheminea industrial de ladrillo visto, pertencente a un complexo fabril de Maderas Magán.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial
Fábrica de candeas fundada por José Diéguez Sueiro, que recolle a tradición de máis dun século. Localízase no número 24 da rúa Víctor García.
As primeiras candeas de man, fabrícanse en Cesures utilizando o “noque” que chegou á fábrica cando…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial
O 1 de febreiro de 1938 constituíse ILEPSA (Industria Lechera Penisular Sociedad Anónima) e o 16 de agosto de 1939 inaugurouse a primeira fabricación de leite condensada. Pola súa situación á beira do río Ulla, a fábrica permitía a carga e descarga da madeira para as caldeiras, a folla de lata para os envases e dos produtos xa acabados, que eran trasladados en vellos…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial
Corría o ano 1921 cando o Concello de Valga concedía ao empresario vigués Manuel Posada Fernández, asociado a Manuel Otero Bárcenas, tamén de Vigo, permiso para “edificar una casa de labranza baja, destinada a cocer teja y ladrillo, contigua a un galpón para depósito de maquinaria” no lugar da Torre, na parroquia de Campaña.
As primitivas instalacións van completarse no paraxe chamado Gándara de Campaña cunha eira de secado e un secadoiro aberto, un motor…
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial
Servía para o tráfico de materiais e mercadorías da Cerámica de Campaña (Novo y Sierra). Aínda se conservan as ruínas dun pequeno peirao no que antigamente se cagaban embarcacións con arxila e pezas de cerámica. Actualmente do vello porto só quedan parte dos cimentos e a rede de vagonetas que unía o peirao coa…
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial
No 1927 a Cerámica de Campaña (Novo y Sierrra) construía un moderno sistema Bleichert funicular de trasporte aéreo para a arxila que se extraía da Mina Mercedes, así como os materiais cerámicos que se producían na factoría, até o…
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial
Localízase ao pé do Monte da Cabreira, fronte á Vacariza, a poucos metros da Telleira de Padín, cara o oeste.
Esta é unha das telleiras mellor conservadas da contorna, conservándose o forno, restos do embarcadoiro e…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura industrial
Localízase ao pé do Monte da Cabreira, fronte á Vacariza, a poucos metros da Telleira de Roeiro, cara o leste.
A Telleira de Padín foi o derradeiro forno que funcionou na comarca do Baixo Ulla. Tamén foi a derradeira…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura industrial
Telleira hoxe desaparecida no lugar da Devesa.
Arredor do ano 1750 era unha telleira de irmandade propiedade de Benito Granda Santiago de Avalo e outro. Desta vella telleira hoxe tan só se conserva o topónimo O Telleiro referido á finca onde estaba situada unha vella parra de uvas de sabor moi particular. Segundo…
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial
Telleira hoxe desaparecida que se localizaba nos terreos situados ao carón do bar A Casa Vella, no lugar da Torre.
Existiu nesta finca un forno de cocer tella. O forno dá nome á parcela que o albergou, Finca O Telleiro. Do forno non quedan restos…
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial
Telleira hoxe desaparecida que se localizaba moi próxima ás vías do ferrocarril e baixo o cable do transporte funicular aéreo que unía a Cerámica de Campaña (Novo y Sierra…
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial
Telleira hoxe desaparecida que se localizaba onde hoxe está o Bar O Belén.
Debaixo do que hoxe é unha edificación, houbo unha telleira de dous fornos segundo contan varios veciños, mais nunca a coñeceron en funcionamento. Non existen restos de ningún tipo. A derradeira vez que estivo en funcionamento foi co…
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial
Telleira hoxe desaparecida que se localizaba ao carón da que fora a derradeira área de extracción da Mina Mercedes.
Existiu antigamente esta telleira que deixou de facer tella hai moitos anos, segundo contan algúns…
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial
Telleira hoxe desaparecida que se localizaba preto do Cruceiro do Forno.
Esta telleira é unha das primeiras das que existe constancia, tanto física como documental. Hoxe o forno non se dá atopado, aínda que poida que…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura industrial
Telleira hoxe desaparecida que se localizaba ao carón da Hormadisa.
Aínda que podería tratarse dunha das telleiras referenciada no Catastro de Ensenada, as primeiras referencias documentadas datan da matrícula industrial de 1856, cando o telleiro Ramón Benito Vicente dáse de alta. Permanecerá até 1865. Non se terán…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura industrial
Telleira hoxe desaparecida que se localizaba nos terreos da actual praia fluvial de Vilarello.
A actual praia fluvial de Vilarello chámase A Telleira aínda hoxe, xa que fai moitos anos estivo aquí situada unha…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura industrial
As barreiras das Gándaras do Forno eran unha serie de pequenas barreiras próximas ás telleiras. A maior parte das barreiras coñecidas situábanse en zonas do antigo monte de man común, parte do cal foi ocupado de maneira abusiva por particulares. Nos derradeiros anos de funcionamento destas telleiras o barro mesturábase co barro de Dena na fabricación de tella. Máis antigamente, o barro destas barreiras era o…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura industrial
As telleiras de Vilar (Telleira de Roeiro e Telleira de Padín) extraían barro da súa contorna, ao pé do Monte Leveiró. Este barro era mesturado co de Dena para a fabricación de ladrillos, mais non así para as tellas…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura industrial
Telleira hoxe desaparecida que se localizaba no lugar do Telleiro, fronte ao Pazo da Cova.
Nesta telleira traballou hai moitos anos un home con acento portugués chamado “Moquillo” que amasaba o barro con dúas mulas.…