Embarcadoiro de Caneiras

Embarcadoiro de Caneiras - Valga - Santa Cristina de Campaña

Imaxe: Manuel Lara

Servía para o tráfico de materiais e mercadorías da Cerámica de Campaña (Novo y Sierra). Aínda se conservan as ruínas dun pequeno peirao no que antigamente se cagaban embarcacións con arxila e pezas de cerámica. Actualmente do vello porto só quedan parte dos cimentos e a rede de vagonetas que unía o peirao coa Mina Mercedes.

As boas condicións de transporte son esenciais nunha industria que produce unha mercadoría voluminosa e pesada, polo que as cerámicas localízanse sempre en lugares que, ademais de próximos ás barreiras das que obteñen as arxilas, estean nas inmediacións dunha estación ferroviaria ou onde poda construírse un embarcadoiro para empregar a vía marítima. A fábrica de Campaña, ademais de contar en Pontecesures co embarcadoiro e coa estación do ferrocarril de Santiago a Pontevedra, en 1927 vai construír este embarcadoiro de formigón e unha transporte funicular aéreo de algo máis de oitocentos metros até a fábrica, para non ter que carretar o ladrillo os case tres quilómetros que a separan da vila cesureña.

Existe un proxecto, desde todos os puntos de vista moi pretensioso, para a instalación dun embarcadoiro para o amarre de catamaráns turísticos e a construción (que non rehabilitación!) dun "teleférico" co obxectivo de ofrecer unha “vista aérea” da zona. Curioso tamén, ademais de que o orzamento de execución sexa duns catro millóns de euros, que se prenteda solicitar a declaración de BIC (Ben de Interese Cultural), para despois transformar estes elementos do patrimonio industrial nun "teleférico". Segundo o Comité Internacional para a Conservación do Patrimonio Industrial pertencente á ICOMOS, o patrimonio industrial "debe protexerse completamente e non se debe permitir ningunha intervención que comprometa a súa integridade histórica ou a autenticidade da súa armazón".

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Telleira do Ferrocarril

Telleira de Padín

Telleira da Mina Mercedes

Barreira das Gándaras do Forno