Mina Mercedes
Imaxe: @GaliciaEscapada
Nas barreiras das Gándaras Campaña extraeuse barro desde que existe constancia documental, ao redor do ano 1750. Nun principio non foi unha barreira única, senón que eran unha serie de barreiras próximas ás diferentes barreiras que había no lugar. O barro non era de grande calidade, senón rico en xisto e con pouca liga. Coa instalación da Cerámica de Campaña (Novo y Sierra) comeza a extraerse barro en grandes cantidades. A barreira principal tomará o nome de Mina Mercedes, nome que xa ten en 1928 no censo da provincia, tendo o número 606 do catálogo. Esta extracción industrial provocará o seu esgotamento nalgunhas das áreas, co que se abrirá a Mina Porto Piñeiro. Nesta etapa o barro mesturábase co que viña de Dena para mellorala súa calidade.
Na actualidade atópase catalogada no inventario de humedais de Galicia (Código IHG 1140152). Este brañal artificial, de 17.300 metros cadrados, conta cun fondo de arxila impermeable onde se acumulou co paso dos anos auga, cunha profundidade constante de 20 metros. O fondo é escuro no que non se desenvolve ningún tipo de vexetación acuática. Os seus bordes son verticais, con vexetación típica de braña: espadana e lentella de auga. A fauna presente na barreira son aves migratorias como batracios, parrulos ou garzas.
- INFORMACIÓN
- Código: VA-AI007
- Outras denominacións: Barreiras das Gándaras de Campaña
- Tipoloxía: Arquitectura industrial
- Cronoloxía: -
- Concello: Valga
- Parroquia: Santa Cristina de Campaña
- Lugar: A Torre
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (EN-02)
Inventario de humedais de Galicia (Código IHG 1140152)
- Referencias:
Ruta das telleiras e da cerámica do Baixo Ulla
Laboratorio de Tecnoloxías Apropiadas
Fernández Palicio, A. As Telleiras de Valga e comarca e as fábricas de cerámica (1850-1965)
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.704567445751 , -8.6669099175183
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.